ARTIGO 11.- CONCEPTO. FEITO IMPOÑIBLE
De conformidade co previsto no art.58, en relación co art.20.1.A), ambos da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polas utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local por entradas de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, que se rexerá pola presente Ordenanza.
ARTIGO 21.- SUXEITOS PASIVOS
1. Son suxeitos pasivos da taxa regulada nesta Ordenanza, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o art.33 LGT que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular mediante a ocupación do uso público para a entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de mercadorías de calquera clase, obtiveron ou non a concesión, autorización ou licencia municipal preceptiva.
2. Terán a condición de substitutos do contribuínte os propietarios das fincas e locais a que den acceso as entradas de vehículos, quen poderán repercutir, no seu caso, ás cotas sobre os respectivos beneficiarios, tal e como dispón o art.23.2.d) LRHL.
ARTIGO 31.- CATEGORÍA DAS RÚAS
Ós efectos de liquidación desta taxa establécese unha única categoría fiscal para todas as rúas do municipio.
ARTIGO 41.- COTA TRIBUTARIA
A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas seguintes:
- TARIFA PRIMEIRA
Entrada de vehículos en edificios ou cocheiras particulares ou aparcamentos individuais de propiedade privada dentro dun aparcamento xeral e os situados en zonas ou rúas particulares que formen parte de comunidades de propietarios con prohibición de aparcamentos para vehículos que non sexan de propiedade dalgún membro da comunidade.- EPÍGRAFE CUANTÍA SEMESTRAL PESETAS
1. Con modificación de rasante
Por cada praza: ------ 1.500 por cada metro lineal.
2. Sen modificación de rasante
Por cada praza: ------ 1.500 por cada metro lineal.
- EPÍGRAFE CUANTÍA SEMESTRAL PESETAS
- TARIFA SEGUNDA
Entrada en garaxes ou locais para a garda de vehículos, podendo realizar reparacións dos mesmos, prestación de servizos de engraxamento, lavado, petroleado, etc… ou repostar carburantes.- EPÍGRAFE CUANTÍA SEMESTRAL PESETAS
1. Con modificación de rasante -
Capacidade local ata 20 prazas. ----- 2.000 por cada metro lineal.
2. Sen modificación de rasante –
Capacidad local ata 20 prazas -------- 1.500 por cada metro lineal.
- EPÍGRAFE CUANTÍA SEMESTRAL PESETAS
- TARIFA TERCERA
Entrada en locais para a venda, exposición, reparación de vehículos ou para a prestación dos servicios de engraxamento, lavado, petroleado, etc… 2.000 por cada metro lineal. - TARIFA CUARTA
Entrada en locais comerciais ou industriais para a carga e descarga de mercadorías ----------- 2.000 por cada metro lineal. - TARIFA QUINTA
Reserva de espazos nas vías e terreos de uso público para carga e descarga.
1. Reserva especial de parada nas vías e terreos de uso público, concedidos a personas determinadas, para carga e descarga de mercadorías, materiais fronte a obras de construcción, de reformas ou derrubamento de inmobles. Satisfarán ó semestre, cada 5 metros lineais ou fracción de calzada á que se extenda a reserva----------- 2.000 por cada metro lineal. - TARIFA SEXTA
Reserva de espazos ou prohibición de estacionamento.
1. Reserva de espazos nas vías e terreos de uso público concedidas a hoteis, entidades ou particulares, para aparcamento exclusivo ou prohibición de estacionamento. Satisfaran ó semestre, por cada 5 metros lineais ou fracción ---------- 2000.
2. Reservas de espazos ou prohibición de estacionamento nas vías e terreos de uso público para principio ou final de paradas de liñas de servizos regulares interurbanos de transportes, colectivos de viaxeiros, servizos discrecionais de excursións e de axencias de turismos e análogos. Por cada 5 metros lineais ou fracción de calzada que alcance a reserva de espazo, ó semestre ----------------- 2000.
ARTIGO 5.- NORMAS DE XESTIÓN
1. As cantidades esixibles segundo as tarifas liquidaránse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
2. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar previamente licencia, realiza-lo depósito previo a que se refire o artígo seguinte e formular declaración acompañando un plano detallado do aproveitamento e da súa situación dentro do municipio.
3. Os servizos técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atopar diferencias coas peticións de licencias, de darse diferencias, notificaránse as mesmas ós interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.
4. En caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello a devolución do importe ingresado.
5. Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración da baixa polo interesado.
6. A presentación da baixa surtirá efectos a partir do día primeiro do semestre natural seguinte ó da súa presentación. A non presentación de baixa determinará a obligación de continuar aboando a taxa.
ARTIGO 6.- DEVENGO
1.- A Obligación de pago da taxa reguladora nesta Ordenanza nace:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicitar a correspondente licencia.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada semestre natural.
2.- O pago da taxa realizarase:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, por ingreso directo na Tesourería Municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retirar a correspondente licencia.
Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no artigo 26 da Lei 39/1988, de 28 de decembro modificado pola Lei 25/1988, de 13 de xullo, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matrículas desta taxa, por anos naturais, nas oficinas da Recadación Municipal, dende o día 16 do primeiro mes do ano ata o día 15 do sexto mes.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día un de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
O Alcalde. O Secretario Accidental.



