· ARTIGO PRIMEIRO: FUNDAMENTO E NATUREZA..
De conformidade co establecido no art. 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril e arts. 2.1.b, 15 a 19, 59.2 e 100 a 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, establecese o imposto sobre construccións, instalacións e obras no Concello de Paradela.
· ARTIGO SEGUNDO: FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible de este tributo indirecto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación e obra para a que se esixa obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, teñase obtido ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda ó Concello de Paradela.
· ARTIGO TERCEIRO: OBRIGA DE CONTRIBUIR.
A obriga de contribuir nace dende o momento en que se inicie a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se teña obtido a correspondente licencia.
· ARTIGO CUARTO: SUXEITOS PASIVOS.
1.- Son suxeitos pasivos e obrigados ó pago do imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, persoas xurídicas ou entidades do art. 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Para os efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construcción, instalación u obra quen soporte os gastos ou o coste que comporte a súa realización.
2.- Terán a condición de suxeitos pasivos sustitutos do contribuínte quen solicite as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras.
· ARTIGO QUINTO: BASE IMPOÑIBLE.
A base impoñible do imposto está constituida polo coste real e efectivo da construcción, instalación u obra, entendéndose por tal, a estos efectos, o coste de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñible os conceptos a que se refire o art. 102 parágrafo segundo do R.D. Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo (BOE nº 59, de 09/03/04), que non integren, estrictamente, o coste de execución material.
· ARTIGO SEXTO: CUOTA TRIBUTARIA.
A cuota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
O tipo de gravame será o seguinte:
-
- Construccións, instalacións ou obras cun coste de execución material ata 1.000.000 €: 2,50 %
- Construccións, instalacions ou obras cun coste de execución material a partir de 1.000.001 €: 3,50 %
- Construccións, instalacións ou obras cun coste de execución material ata 1.000.000 €: 2,50 %
· ARTIGO SÉPTIMO: XESTIÓN TRIBUTARIA DO IMPOSTO.
A esixencia do imposto realizarase en réxime de autoliquidación, que se practicará polo suxeito pasivo no momento de presentación da solicitude de licencia de obras ou urbanística na que figurará o coste de execución material da construcción, instalación ou obra.
Non obstante, cando se conceda a licencia preceptiva ou cando, non tendo solicitado, concedido ou denegado aínda dita licencia preceptiva, se inicie a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, a determinación da base impoñible realizarase en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que houbera sido visado polo colexio oficial correspondente cando constitúa un requisito preceptivo.
Finalizada a construcción, instalación u obra, e tendo en conta o coste real e efectivo, o Concello mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible practicando a correspondente liquidación definitiva, esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
· ARTIGO OCTAVO: BONIFICACIÓNS.
Establecense as seguintes bonificacións sobre a cuota do imposto:
- O 95% na aquelas construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.
· ARTIGO NOVENO: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, estarase o que dispón o Título IV da Lei Xeral Tributaria e demais normas tributarias de aplicación..
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza fiscal aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria de data 20/07/04, entrará en vigor e será de aplicación a partir do día seguinte ó da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
O Alcalde-Presidente O Secretario




