• 14 Jul 22

Aprazada a andaina “PERCORRENDO PARADELA”

Dentro das actividades deseñadas  para conmemorar o Bicentenario de Paradela, estaba prevista para o próximo sábado a andaina PERCORRENDO PARADELA, facendo o “Camiño Vello de Aldosende”, unha ruta que os entendidos consideran das máis fermosas de Galicia.

A parte técnica desta actividade está a cargo do Colecctivo Acivro de Lugo, especializado en natureza e percorridos polo rural, tendo feito innumerables andainas dentro e fóra de Galicia.

Tendo en conta as altas temperaturas que estes días afectan á Comunidade galega, e a  previsible situación da mañá do próximo sábado, seguindo o consello dos técnicos, a organización decidiu aprazar esta actitividade para días con mellores condicións, especialmente tendo en conta as dificultades do circuíto e a necesidade de prever calquera posible indisposición dos participantes polas elevadas temperaturas.

Oportunamente volverá facerse a nova convocatoria, tendo preferencia para participar aqueles que xa se inscribiron tanto en Acivro como no Concello de Paradela, aos que se piden desculpas por este aprazamento prudencial.