• 28 Nov 22

APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2023

Aprobado inicialmente, polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 24 de novembro de 2022, o Proxecto de Orzamento Xeral, as bases de execución, o anexo de inversións e cadros de financiamento e o cadro de persoal para o exercicio 2023, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría do Concello, polo prazo de 15 días hábiles, que se contarán dende o seguinte ao da inserción do presente edicto no B.O.P., co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións e suxestións que se consideren pertinentes.

De conformidade co acordo adoptado, o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentan reclamacións.

Paradela, 24 de novembro de 2022.- O ALCALDE, José Manuel Mato Díaz.