• 21 Jan 22

Ayudas para la juventud para la adquisición de viviendas protegidas para el año 2022

Dende a OMIX de Paradela comunicarvos que se publicaron as Axudas á mocidade para a adquisición de vivendas protexidas para o ano 2022:

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas a persoas menores de 35 anos para a adquisición de vivendas protexidas.

- Requisitos, dos beneficiarios, entre os cales están:

a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.

b) Ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, dunha vivenda protexida.

- A contía da axuda: 
    a) No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.

En Galicia considéranse municipios de prezo máximo superior A Coruña, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

    b) No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.

    En todo caso, as axudas terán o límite do 20 % do prezo de compra da vivenda.

- O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o o 30 de setembro de 2022.

- As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento VI420C.
   Máis información no DOG do 21 de xaneiro de 2022 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada
   As bases están publicadas no DOG do 23 de xullo de 2021