• 10 Jan 23

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.

As solicitudes presentaranse en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.

Estrutura e organización da proba:
a) Parte sociolingüística:
– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica.
– Ciencias da Natureza.
– Tecnoloxía.

Data: As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2023.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as ppersoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional e teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.

O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312D

Estrutura da proba:
a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá.
– Matemáticas.
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe ser examinada:
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.

Data: As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2023.

Máis información no DOG do 5 de xaneiro de 2023 e en www.edu.xunta.es/fp