• Galego
  • Español

Boas maneiras no Camiño

Vostede está aquí

Leve unha bolsa na súa mochila, desta maneira evitará deixar lixo, o Camiño e a súa natureza necesitan o seu respecto e coidados.

Non altere nin apañe as señais oficiais, frechas amarelas, fitos coa quilometraxe, etc., aforrará sustos a outr@ peregrin@s e malestar ós habitantes do Camiño, el@s podenche sacar de máis de un aperto.

Fará moitos quilómetros e a hixiene é fundamental pero tampouco fai falla desbaldir a auga estando media hora debaixo da ducha.

Os servizos son cada vez máis e mellores, siga as normas d@s hospitaleir@s, facilitaralles o seu traballo, compórtese mellor que na súa propia casa, é beneficioso para tod@s.

Sexa puntual nas súas horas de peche, pense que aínda que queira ir á festa do pobo ou beber máis da conta hai outr@s peregrin@s que necesitan descanso.

Non apañe nada que non é seu nin axexe  en mochilas alleas.

Atopará compañeir@s de diferentes idiomas, culturas e costumes, goce desa diversidade nun ambiente relaxado.

Decátese que acenos que aquí son normais noutros países están moi mal vistos e hai expresións que teñen significados diferentes dependendo do país aínda que estean no mesmo idioma.

Cada persoa é un mundo, por exemplo, a@s peregrin@s orientais non lles gusta que lles toquen e case seguro non contarán un problema persoal, polo contrario australian@s e sudamerican@ é doado que nos dean unha aperta.

As mulleres elixen como queren ser saudadas, en España o máis correcto é estreitar a man  ás casadas ou que o estiveran, pero como en todas partes cómpre flexibilidade e empatía.

No Camiño e fóra, ante todo educación, respecto, senso, responsabilidade...

Concello de Paradela