¿ Cómo chegar ?

ParadelaParadela está situada ó suroeste da provincia de Lugo, entre o val do Miño e a depresión de Sarria e pertence á comarca de Sarria. Limita ó norte co Concello do Páramo, ó sur cos de Bóveda e O Saviñao, ó este cos de Sarria e O Incio, e ó oeste cos de Taboada e Portomarín.

 

Nunha extensión aproximada de 120 Km2 vive unha poboación de 2.143 habitantes, que se reparten entre as 18 parroquias do concello: Aldosende, Andreade, Barán, Castro de Rei, Castro de San Mamede, Castro San Martiño, Cortes, Ferreiros, Francos, Laxe, Loio, San Facundo de Ribas de Miño, San Miguel, San Vicente, Sta. Cristina, Santalla, Suar e Vilaragunte.

 

Xeográficamente o concello está protexido no seu límite oeste polo Miño e atravesando a parte norte está o río Loio. O punto máis alto é Pena Ventureira cunha altitude de 838 mts, sendo a altitude media do concello de 600 mts.

 

 

 

Rueiros de Paradela

Rueiros de Paradela