Carta dunha informadora


Sobre peregrinos...

 

Cada ano increméntase o número de peregrinos que comezan o Camiño, pero... cantas veces nos preguntamos qué razón lles leva a camiñar durante días e facer centos e ás veces miles de kilómetros?

 

Traballando na oficina de Turismo os peregrinos téñenme contado moitas anécdotas, algunhas curiosas, outras divertidas, moitas delas sorprendentes...

 

Algúns comentan que comezan o camiño por varios motivos, se cadra porque fixeron unha promesa a algunha persona, porque aprobaron un exame ou oposición, a parte de motivos relixiosos.

 

Sempre observo a solidariedade e compañeirismo entre peregrinos que a pesar de que non se coñezan se apoian e axudan mutuamente. Por exemplo, unha señora que se quedara sen diñeiro e outro peregrino prestáralle algo até que atopou un caixeiro automático (ás veces complicado no camiño) e que a noite anterior outro compañeiro que case non coñecía pagoulle o aloxamento nunha pensión sen reparar en gastos, xa que había albergues de prezo máis reducido.

 

Traballando na oficina decátome de que os usuarios son educados, pacientes e agradecidos. Nunca lles noto unha mala palabra ou un mal xesto, senón todo o contrario, entran saudando sorrintes e diríxense a min con educación e amabilidade a pesares de que lles nota o cansancio e ás veces algunha lesión.

 

A dificultade máis grande que atopo no traballo diaro como informadora é entender e conseguir que me entendan as personas que falan outros idiomas, aínda que estean afeitos a viaxar e son hábiles interpretando mapas ou as indicacións que lles damos.

 

Son moitas as nacionalidades e culturas dos visitantes, dende neo zelandeses até canadienses, libaneses y casi diaiamente algún nipón, aínda  que somentes durante os meses de verán.

 

Os visitantes centroeuropeos ou británicos son educados, acostuman a  falar pouco e fan preguntas concretas, ás veces lles noto algo reservados e cando isto ocorre convídolles a que me fagan máis preguntas ou curioseen pola oficina.

 

Son máis locuaces os franceses, italianos ou portugueses que ás veces traen unha listaxe con dúbidas ou suxerencias.

 

Ós usuarios de Estados Unidos ou Canadá lles gusta dicir o seu país de procedencia e bastentes estreitanme a man antes de marchar (xesto que agradezo).

 

Os peregrinos nipones preguntan pouco, son moi educados e cerimoniosos e se sorprenden cando me despido xuntando as mans e dicindo "harigató" que significa grazas no seu idioma.

 

Ás veces non é posible adicarlles a cada un o tempo que me gustaría, sobre todo nos meses de verán, coido que unha cuestión fundamental no meu traballo é conectar emocional e intelectualmente co visitante e despertar neles interés de facer outra vez o camiño e de visitar o concello.

 

O máis gratificante do meu traballo é observar o xesto e o sorriso de agradecemento do todos os usuarios e cando lles axudo a solucionar algún problema ou dúbida que para eles é moi importante.

 

Creo de verdade que é un privilexio poder falar con tantas persoas de culturas e idomas diferentes e axudarlles no que puiden. Grazas!!