Castro de Rei

En Castro de Rei de Lemos, o poboado de “Mosteirovello” fala dun mosteiro de hai máis de mil anos. Queda lembranza do posterior mosteiro (S. XII), na igrexa, hoxe parroquial. Ábside románica. Dependeu de Carracedo e Montederramo. Sufríu un incendio en 1936, sendo posteriormente restaurado.

En Cereixedo, Capela das Neves. Retablo maior, barroco, dos séculos XVII-XVIII. En Feás, Capela de san Roque; Capela de San José, en Paredes de Abaixo; Capela da Inmaculada, en San Martín. Abundan os nomes de “medorra” e “mámoa”.

MOSTEIRO DE STA MARÍA DE CASTRO DE REI

Foi mosteiro Bernardo e antes mosteiro de monxes negros. Da igrexa primitiva só se conserva a ábsida da epístola, parte dos muros e outros restos. No seu interior hai restos de pinturas do século XV e comezos do XVI e un interesante capitel prerrománico. O nome do poboado “Mosteirovello” alude ó primitivo emprazamento monacal dos séculos X e XI. Posúe Santa María de Castro de Rei, na súa cruz parroquial, unha valiosa xoia, dun metro de lonxitude, de prata repuxada con ampla macolla. Data de 1730.

Alcalde pedáneo: 
Armando Rodríguez Veiga
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei
Castro de Rei