CRUCEIRO DE SAN MIGUEL

O cruceiro de San Miguel está ao pé da igrexa románica de San Miguel (século XI ou principios do XII).

 

Co Cristo e a Dolorosa con puñal; capitel de follas e volutas; fuste esvelto, monolítico, está decorado con variados motivos da paixón.

 

A. Losada Díaz e E. Seijas Vázquez recollen no seu libro “Guía do Camiño Francés na provincia de Lugo” que é un dos máis orixinais de Galicia polo feito de ter modelado o fuste.

 

Víctor L. Villarabid descríbeo como “un dos máis artísticos e famosos das terras lucenses” no seu libro “Paradela e o seu concello”

 

Foi seleccionado xunto co cruceiro e ponte de Pamplona, a igrexa de Santiago en Sangüesa (Navarra) e Boadilla del camino (Palencia) para unha serie conmemorativa do Xacobeo 99.