A EXPOSICIÓN “MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ” NO CEIP SAN MIGUEL DE PARADELA CON MOTIVO DO 25 ANIVERSARIO DO FALECEMENTO DO ESCRITOR DE PARADELA

O colexio público de Paradela acollerá o venres, 27 de febreiro a partir das doce da mañá, un acto en memoria do poeta Manuel Oreste Rodríguez López, con motivo do 25 aniversario do seu falecemento.

 

Nesta homenaxe, os alumnos farán unha lectura de poemas do autor de Paradela e procederase á apertura da exposición “Manuel Rodríguez López, emigrante galego-poeta obreiro” que poderá verse durante varios días no colexio antes de viaxar a Madrid.