Ferias

Ferias IParadela celebra a súa feira mensual os días 15 de cada mes, na que ademais da tradicional compravenda de gando hai mercadillo de plantas, roupas e utensilios variados, sen que falten tampouco as tradicionais pulpeiras.

 

O día quince de maio, celébrase unha feira especial, é a festa na honra de San Cidreen, patrón do mundo agrario e gandeiro. Esta festa, na que hai actos durante todo o día, conserva os elementos tradicionais das festas rurais, con pasarrúas da banda, misa maior na honra do patrón, orquesta..etc. pero ademais é un día especial no que se honra ó mundo agrario tradicional, ós seus costumes e tradicións.

 

Ferias IIO visitante que se achegue a Paradela un quince de maio poderá desfrutar cunha feira de gando tradicional na que tamén poderá ver os impresionantes touros que cada ano trae ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Galega), poderá ver a maquinaria agraria mais moderna e a mais antiga, poderá desfruta co desfile de cabalos e carros de vacas, xa pola noite poderá probar a tenreira galega á parrilla con viño da Ribeira Sacra, todo aderezado coa música dunha boa orquesta.