· ARTIGO PRIMEIRO: FUNDAMENTO E NATUREZA.
De conformidade co establecido no art. 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril e arts. 2.1.b, 15 a 19 e 20.4.o do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, establecese a taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais que rexerá pola presente ordenanza fiscal.
· ARTIGO SEGUNDO: FEITO IMPOÑIBLE.
Constitúe o feito impoñible deste tributo a utilización das instalacións deportivas municipais integradas polo pavillón municipal de deportes e polas piscinas municipais descobertas.
· ARTIGO TERCEIRO: OBRIGAS DE CONTRIBUIR.
A obriga de contribuir nace dende que se inicie a utilización mediante a entrada nas instalacións deportivas municipais.
· ARTIGO CUARTO: SUXEITOS PASIVOS.
Son suxeitos pasivos e obrigados ó pago da taxa as persoas que utilicen as instalacións deportivas municipais.
· ARTIGO QUINTO: BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE.
A base da taxa que regula esta ordenanza definese pola realización de actividades durante un tempo determinado para a práctica de diferentes actividades deportivas ou pola utilización dos servizos nos recintos a que alude o artigo 2º.
· ARTIGO SEXTO: CUOTA TRIBUTARIA.
A contía da taxa será a que se regula na tarifa seguinte:
- Utilización das instalacións do pavillón municipal de deportes.
1º.- Por utilización da pista:
a).- Con iluminación: 9,00 euros/hora ou fracción.
b).- Sin iluminación: 6,00 euros/hora ou fracción.2º.- Por utilización do ximnasio: 1,00 euro/hora ou fracción (persoa).
3º.- Actuacións extradeportivas: 90,00 euros por actuación, por adiantado, debendo formalizarse un aval para responder dos posibles danos, fixándose o seu importe según valoración dos servizos técnicos municipais
- Utilización das piscinas municipais descubertas.
a). Adultos: 1 euro.
b). Xóves e nenos (ata 18 anos): 0,60 euros.
c). Abonos mensuais:
-
-
- Adultos: 15,00 euros.
- Xóves (ata 18 anos): 10,00 euros.
- Familiar (ata 3 compoñentes): 30,00 euros/mensual.
- Familiar (máis de tres compoñentes): 36,00 euros/mensual.
- Adultos: 15,00 euros.
- Os abonados terán dereito a utilizar a piscina a calquera hora do día, no período en que as instalacións se atopen abertas ó público.
- Por abonado familiar entendese o matrimonio ou parella de feito e/ou seus fillos (menores de 18 anos).
-
· ARTIGO SÉPTIMO.
O Concello poderá asinar convenios con asociacións ou entidades deportivas para a utilización das instalacións deportivas municipais a que se refire esta Ordenanza fiscal en competicións deportivas oficiais, de carácter escolar ou para desenvolver actividades de ensino e de formación deportiva.
· ARTIGO OCTAVO: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, estarase ó que dispoñen os artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normas tributarias de aplicación.
DISPOSICION FINAL.
A presente ordenanza fiscal aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria de data 19/05/04, entrará en vigor e será de aplicación a partir do día seguinte ó da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
O Alcalde-Presidente O Secretario




