ARTIGO ÚNICO
O artigo 11 da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por licencias de auto-taxi e demais vehículos de aluguer, queda redactada como segue.
ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA.
De conformidade co establecido no artigo 58 da Lei 39/1998 de 28 de decembro, en relación co artigo 20.4 c), este Concello establece a taxa por licencias de auto-taxi e demais vehículos de aluguer, que rexerá pola presente Ordenanza.
ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE
Constitúen o feito impoñible desta Taxa a prestación dos servizos e a realización das actividades que en relación coas licencias de autotaxis e demais vehículos de aluguer a que se refire o Regulamento aprobado por Real Decreto 763/1979, de 16 de marzo, se sinalan a continuación:
Concesión e expedición de licencias.
Autorización para transmisión de licencias cando proceda o seu otorgamento, de acordo coa lexislación vixente.
Autorización para sustitución dos vehículos afectos ás licencias, ben sexa este cambio de tipo voluntario ou por imposición legal.
Revisión anual ordinaria dos vehículos e revisión extraordinaria a instancia de parte.
Dilixenciamento dos libros-rexistro das empresas de servizos de transportes reguladas en dito Regulamento.
ARTIGO 3: SUXEITO PASIVO
Están obrigados ó pago da taxa, en concepto de suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades, a que se refire o art.33 da Lei Xeral Tributaria, seguintes:
A persoa ou entidade a favor da que se lle outorgue a concesión e expedición da licencia, ou a favor da que se autorice a transmisión da mesma.
O titular da licencia cuxo vehículo sexa sustituido u obxecto de revisión, tanto ordinaria como extraordinaria, e/ou cuxos libros-rexistro sexan dilixenciados.
ARTIGO 4: RESPONSABLE
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
Serán responsables subsidiarios, os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art.40 da Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 5: CUOTA TRIBUTARIA
A cuota tributaria determinarase por unha cantidade fixa según a natureza do servizo ou actividade, de acordo coa seguinte tarifa::
----------------------------------------------------------
CONCEPTOS
----------------------------------------------------------
Epígrafe primeiro.- Concesión e expedición de licencia
a)Licencias da clase A ..............................................250
Epígrafe segundo.- Autorización para transmisión de licencias
a)Transmisión "inter vivos"
De licencias da clase A.............................................. 250
Epígrafe tercero.- Sustitución de vehículos
a)De licencias clase A................................................ 250
ARTIGO 6: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Non se concederá exención ou bonificación alguhna no pago da Taxa..
ARTIGO 7: DEVENGO
1.Devengará a Taxa e nace a obriga de contribuir, nos casos sinalados nas letras a),b) e c) do artigo 21, na data que este Concello conceda e expida a correspondente licencia ou autorice a súa transmisión ou a sustitución do vehículo.
ARTIGO 8: DECLARACIÓN DE INGRESO
1 A relación das actividades e a prestación dos servivios suxeitos a esta Taxa levaranse a cabo a instancia de parte.
2.Todas as cuotas serán obxecto de liquidación para ingreso directo, unha vez concedidas as licencias ou autorizacións de que se trate e realizados os servizos solicitados, procedendo os contribuintes ó seu pago no prazo establecido polo Regulamento Xeral de recaudación.
ARTIGO 9: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso,estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente modificación entrará en vigor unha vez publicada a mesma no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, sendo de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 1.999, permanecendo en vigor ata a súa expresa modificación ou derogación.
O Alcalde - A Secretaria




