Ordenanza fiscal Tanatorio

· Artigo 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15.1, 16, 20.1.B.b e 4.p da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a “Taxa pola prestación do servizo de Tanatorio Municipal”, que rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuias normas atenden ó previsto no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

· Artigo 2º.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible da Taxa, a prestación do servizo de Tanatorio Municipal, en canto establecemento funerario habilitado como lugar de etapa do cadáver, entre o lugar de falecemento e o de inhumación ou cremación, debidamente acondicionado e disposto para a exposición e velatorio de cadáveres.

· Artigo 3º.- SUXEITOS PASIVOS

Son suxeitos pasivos contribuintes os solicitantes da presentación do servizo.

· Artigo 4º.- RESPONSABLES

  1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

  2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- EXENCIÓNS SUBXETIVAS

Estarán exentos os servicios que se presten con ocasión de:

  • a) Os enterramentos dos asilados procedentes da beneficencia, sempre que a conducción se verifique por conta dos establecementos mencionados e sen ningunha pompa fúnebre que sexa costeada pola familia dos falecidos.
  • b) Os enterramentos de cadáveres de pobres de solemnidade.
  • c) As inhumacións que ordene a autoridade xudicial e que se efectúen na foxa común.

Artigo 6º.- CUOTA TRIBUTARIA

A cuota tributaria determinarase por aplicación da seguinte tarifa:

  • a) Por depósito e conservación de cadáveres:
    Por cada depósito dun cadáver ou restos, durante dous días, nos locais destinados a depósito municipal: 30,00 € (prorrateándose por horas en fraccións superirores ).

  • b) Por utilización de salas de dó, durante dous días, 60,00 € (prorrateándose por horas en fraccións superiores).
  • c) Sala de autopsia, 60,00 €.

Artigo 7º.- DEVENGO

Devengase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación dos servizos suxeitos a gravame, entendéndose a estes efectos que dita iniciación se produce coa solicitude de aqueles.

Artigo 8º.- DECLARACIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO

  1. Os suxeitos pasivos solicitarán a prestación dos servizos de que se trate.
  2. Cada servizo será obxecto de liquidación individual e autónoma que será notificada unha vez que teña sido prestado dito servizo para o seu ingreso directo nas arcas municipais na forma e prazos sinalados no Regulamento Xeral de Recaudación.

Artigo 9º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos arts. 77 e ss. da Lei Xeral Tributaria..

Artigo 10º.- NORMAS DE POLICIA

O Concello de Paradela velará polo mantemento da orde no recinto a que se refire o art. 2º, así como do respeto adecuado á función do mesmo mediante a esixencia do cumprimento das seguintes normas:

- O recinto permanecerá aberto ó público, como máximo, de 9 da mañá a 9 da tarde.
- Os visitantes comportaranse en todo momento co respeto adecuado ó recinto, podendo en caso contrario adoptar o Concello de Paradela as medidas legais para ordear, mediante os servizos de seguridade competentes, o desaloxo do recinto de quen incumplira esta norma.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, que na súa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 3 de outubro de 2003, entrará en vigor unha vez que se teña levado a cabo a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.

O ALCALDE-PRESIDENTE - O SECRETARIO

Arquivo adxunto: