Ordenanza fiscal taxa Apertura de establecementos

ARTIGO PRIMEIRO: FUNDAMENTO E NATUREZA
De conformidade co establecido no art. 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril e arts. 2.1.b, 15 a 19 e 20.4.i do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, establecese a taxa polo outorgamento das licencias de apertura de establecimientos.

ARTIGO SEGUNDO: FEITO IMPOÑIBLE

1. Constitúe o feito impoñible deste tributo a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantis reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade, salubridade, medioambientais e calqueira outra esixidas pola lei, os regulamentos e as ordenanzas municipais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo ó outorgamento da licencia municipal de instalación, apertura e posta en funcionamento.

2. Para os efectos deste tributo, considerarase como apertura:

  1. A instalación por primeira vez dos establecementos para dar comezo ás súas actividades.
  2. Os traslados de establecemento.
  3. A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento..
  4. A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo en este que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, que esixa unha nova verificación de estas.
  5. Reanudación da actividade tras un cese superior a seis meses.

3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil, toda edificación ou construcción, esté ou non aberta ó público, e que:

  1. Se dedique ó exercicio de algunha actividade empresarial, fabril, artesanal, da construcción, comercial ou de servizos.
  2. Sirva de auxilio ou complemento ás actividades anteriores ou teña relación con elas en forma que lles proporcione beneficios ou aproveitamento, como por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, oficinas, despachos e estudios.

ARTIGO 3: SUXEITOS PASIVOS

  1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei Xeral Tributaria, que sexan titulares da actividade que pretenden levar a cabo ou que de feito desenvolvan, en calquer establecemento industrial ou mercantil.

  2. Serán responsables solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, todas as sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.

  3. Os copartícipes ou cotitulares das herencias xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.

  4. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria en caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores de aquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas, consentiran no incumprimento por quenes dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Asimesmo, estes administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estén pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran na súas actividades.

  5. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o cumprimento das obrigas tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.

ARTIGO CUARTO: BASE IMPOÑIBLE, CUOTA TRIBUTARIA E TARIFAS

  1. A cuota tributaria consistirá nunha cantidade fixa que se satisfará dunha soa vez. Para a súa determinación aplicaranse á base impoñible, constituida pola cuota do imposto sobre actividades económicas, as porcentaxes seguintes en función do tipo de establecemento de que se trate e da tramitación que conleve:
  •  
    1. Establecementos con actividades que teñan a consideración de molestas, insalubres, nocivas e perigosas: unha cantidade equivalente ó 150% do imposto sobre actividades económicas.

    2. Establecementos non comprendidos no apartado anterior: unha cantidade equivalente ó 100% do imposto sobre actividades económicas.

ARTIGO QUINTO: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

De conformidade co establecido no artigo 9 do R.D. Lexislativo 2/2.004, de 5 de marzo, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

ARTIGO SEXTO: DEVENGO

  1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos, enténdese iniciada a actividade na data de presentación da solicitude de licencia de apertura, se o suxeito pasivo formula esta expresamente.

  2. Cando a apertura teña lugar sen obter a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicióne esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poda instruirse para autorizar a instalación, apertura e posta en funcionamento do establecemento ou decretar o seu peche, se non fose autorizable a súa apertura.

ARTIGO SÉPTIMO: NORMAS DE XESTIÓN

  1. Os suxeitos pasivos presentarán no Rexistro Xeral do Concello a solicitude de instalación, apertura e posta en funcionamiento dun establecemento industrial ou mercantil coa indicación da actividade a desenvolver, acompañada do proxecto técnico e documentos esixidos para cada clase de actividade según a lexislación aplicable.

  2. As modificacións que supoñan unha variación ou ampliación da actividade, alteración das condicións proxectadas ou a ampliación do establecemento terán que poñerse en coñecemento do concello co mesmo detalle e alcance que no suposto da solicitude a que se refire o apartado anterior.

  3. Ata tanto non recaiga acordo municipal sobre concesión da licencia, os interesados poderán renunciar expresamente a ésta, quedando entonces reducidas as taxas liquidables ó 20 por 100 do que correspondería de terse concedido dita licencia, sempre e cando o Concello non houbera realizado as necesarias inspeccións ó establecemento; noutro caso non haberá lugar a practicar reducción algunha.

  4. Consideraráse caducada a licencia se despois de concedida transcorren máis de seis meses sen terse producido a apertura e posta en funcionamento do establecemento, ou se despois de aberto, se pechase novamente por período superior a seis meses consecutivos, declaración que se realizará axustándose ás normas do procedemento administrativo. Presumirase que existe esta circunstancia nos supostos de baixa voluntaria no Imposto sobre Actividades Económicas, así como en servizos municipais necesarios para o exercicio da actividade.

ARTIGO OCTAVO: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Constitúen casos especiais de infracción grave:

  1. A apertura de establecementos industriais ou mercantis sen a obtención da correspondente licencia.

  2. A falsidade dos datos necesarios para a determinación da base impoñible.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, estarase ó que dispoñen os artigos 191 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normas tributarias de aplicación.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal aprobada polo Pleno en sesión ordinaria de data 30/09/04, entrará en vigor e será de aplicación a partir do día seguinte ó da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.

O Alcalde-Presidente O Secretario

Arquivo adxunto: