Ordenanza fiscal taxa Auga

Art. 1ª.- CONCEPTO E FUNDAMENTO LEGAL


De conformidade co previsto no Art.58, en relación co Art.20.1.B) e 4.t ambos da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de suministro de auga, incluídos os dereitos de enganche, que rexerá pola presente ordenanza.

 

Art. 2º.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de suministro de auga incluídos os dereitos de enganche.

 

Art. 3º.- SUXEITOS PASIVOS

  1. Son suxeitos pasivos da taxa reguladora nesta ordenanza, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da LXT que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados polo servizo de distribución de auga incluidos os dereitos de enganche.
  2. Terán a consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais, que poderán repercutir, no seu caso, sobre os beneficiarios de dito servizo.

Art. 4º.- RESPONSABLES

  1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e39 da Lei Xeral Tributaria.
  2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Art. 5º.- CUOTA TRIBUTARIA

A cuota tributaria da taxa, regulada nesta Ordenanza, será a fixada na tarifa seguinte:

 

CONCEPTO EUROS/ M3

  • Tarifa A: Usos domésticos.- Aqueles nos que a agua se utiliza exclusivamente para as necesidades primarias da vida. Se asimilan ós usos domésticos, considerándose como tales os suministros nos que a auga constitúe un elemento indirecto e non básico nunha actividade profesional, comercial ou industrial.

Cuota fixa mensual ................................................................................. 1,20 €
1.- Consumo mensual ata 20m3 ..........................................................0,30€/ m3.
2.- Consumo de máis de 20m3 ........................................................... 0,45€/ m3.

  • Tarifa B: Usos industriais.- Aqueles nos que a agua constitúe un elemento directo e básico, ou imprescindible, na actividade industrial
    Cuota fixa mensual ....................................................................... 2,40 €
    1.- Consumo mensual ata 20 m3 ........................................................0,60€/ m3.
    2.- Consumo de máis de 20 m3 ...........................................................0,75€/ m3.
  • Tarifa C: Dereitos de enganche

Cuota única: 120,20 EUROS

Art. 6º.- DEVENGO

  1. A obriga de pago da taxa regulada nesta Ordenanza, nace desde que se inicie a prestación do servizo, e a súa facturación e cobro realizarase con periodicidade SEMESTRAL.
  2. O pago de dita taxa efectuarase no momento de presentación da correspondente factura ó obrigado a realizalas.
  3. As deudas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de apremio, de acordo co regulamento xeral de recaudación.

Art. 7º.- NORMAS DE XESTIÓN.

  1. As solicitudes de autorización de suministro de vivendas e establecementos industriais e profesionais deberán vir acompañadas do correspondente boletín de instalación de fontanería expedido pola Consellería competente na materia da Comunidade Autónoma. Non autorizándose o suministro se non se acredita o cumprimento do requisito anterior.
  2. Os contadores ou medidores de caudal de suministro de auga serán dos modelos aprobados e verificados pola Consellería competente na materia da Comunidade Autónoma.
  3. Os gastos de conexión e desconexión dos contadores á rede xeral de abastecemento de auga potable serán exclusivamente por conta do abonado.

A sustitución ou reparación dos contadores inutilizados ou averiados por razón do funcionamento do servizo ou por razóns distintas ó seu uso normal serán igualmente por conta exclusiva do abonado.

  1. Os contadores estarán colocados nun lugar adecuado, de libre acceso, na planta baixa, cerca da chave de paso instalada frente á finca de que se trate e sempre no exterior da vivenda.
  2. O abonado estará obrigado a facilitar o acceso ó persoal encargado da súa lectura.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, que na súa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 24 de novembro de 2010, entrará en vigor unha vez publicada a mesma no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, sendo de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2.011, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

EL ALCALDE

PRESIDENTE

EL SECRETARIO

Arquivo adxunto: