ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
ARTIGO 1
CONCEPTO E FUNDAMENTO LEGAL
De conformidade co previsto no artigo 96.4 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o coeficiente de incremento das cuotas do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica aplicable neste Municipio queda fixado no mínimo legalmente establecido.
ARTIGO 2
O pago do imposto acreditarase mediante recibos tributarios, en caso de vehículo xa matriculados e mediante cartas de pago en caso de primeiras adquisicións ou reforma que altere a clasificación.
ARTIGO 3
1.- No caso de primeiras adquisicións dun vehículo ou cando éstos se reformen de maneira que se altere a súa clasificación para os efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos presentarán ante a oficina xestora correspondente, no prazo de trinta días a contar dende a data da adquisición ou reforma, declaración por este imposto según modelo aprobado polo Concello ó que se acompañarán a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, certificado das súas características técnicas e o Documento Nacional de Identidade ou o Código de Identificación Fiscal do suxeito pasivo.
2.- Pola oficina xestora practicarase a correspondente liquidación, normal ou complementaria, que será notificada individualmente ós interesados, coa indicación do prazo de ingreso e dos recursos procedentes.
ARTIGO 4
1.- No caso de vehículos xa matrículados ou declarados aptos para a circulación, o pago das cuotas anuais do imposto realizarase dentro do período de devengo que se fixa dentro de cada exercicio.
2.-No suposto regulado no apartado anterior, a recaudación das correspondentes cuotas realizarase mediante o sistema de padrón anual no que figurarán tódolos vehículos suxeitos ó imposto que se atopan inscritos no correspondente Rexistro Público a nome de persoas ou entidades domiciliadas neste termo municipal.
3.-O padrón ou matrícula do imposto expoñerase ó público polo plazo de quince días hábiles, para que os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas. A exposición ó público anunciarase no “Boletín Oficial da Provincia” e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
ARTIGO 5
Bonificación no Imposto de vehículos de tracción mecánica, que se aplicara nas vivendas que constituen a residencia habitual de familias numerosas as cales gozarán dunha bonificación na cota íntegra do Imposto durante os cinco anos naturais a contar desde a data da primeira matriculación .Para aplicar esta bonificación terase en conta as seguintes reglas:
- Contribuintes que adquiran un vehiculo eléctrico, de biodiesel ou movido por hidrogeno
- Contribuintes que adquiran un vehiculo novo con catalizador homologado en substitución doutro que non dispuxera del,sempre que acrediten que o devandito vehículo sera destinado a desguace
- en todo caso deberá presentarse a ficha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgunha das categorías anteriormente descritas
ARTIGO 6
No non expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contados na Subsección 4ª, da Sección 3ª, do Capítulo II, do Título II da citada Lei 39/1988, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
As persoas ou entidades que á data de comenzo de aplicación do presente imposto gocen de calquera clase de beneficio fiscal no Imposto Municipal sobre circulación de vehículos, continuarán no disfrute dos mesmos no Imposto citado en primeiro termo ata a data da extinción de ditos beneficios e, no caso de que os mesmos non tiveran termo de disfrute, ata o 31 de decembro de 1992, inclusive.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza fiscal, cuxa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o dezaoito de outubro de mil novecentos oitenta e nove, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de mil novecentos noventa, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
EL ALCALDE PRESIDENTE EL SECRETARIO




