Art. 1.-FUNDAMENTO E NATUREZA
De conformidade co establecido no artigo 58 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais; en relación co artigo 20.4.s) da mesma, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo, que se rexerá pola presente Ordenanza.
Art.2.-FEITO IMPOÑIBLE
- 1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos.
- 2.- A tal efecto considerase lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos, os restos e desperdicios de alimentación ou detritus procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas, e se exclúen de tal concepto os residuos de tipo industrial, escombros de obras, detritus humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, peligrosos ou cuia recollida ou verquido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
- 3.- Non está suxeita á taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguientes servizos:
- a) Recollida de lixo e residuos non calificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
- b) Recollida de escorias e cinzas de calefaccións centrais.
- c) Recollida de escombros de obras.
ARTIGO 3.-SUXEITOS PASIVOS
- Son suxeitos pasivos contribuíntes as personas físicas o xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados nos lugares, prazas, rúas, ou vías públicas nos que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou, incluso, de precario.
- Terán a consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cuotas satisfeitas sobre os usuarios de aquelas, beneficiarios do servizo.
ARTIGO 4.-RESPONSABLES
- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 5.-CUOTA TRIBUTARIA
- A cuota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles..
- A tal efecto, aplicaranse as seguintes Tarifas::
- Epígrafe I.-Vivendas.
Por cada vivenda .................................. 60,00 euros.
(Entendese por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non excedan de dez prazas).
-
- Epígrafe II.- Establecementos empresariais e profesionais.
Por cada local .................................... 65,00 euros.
(No suposto de que o establecemento se atope ubicado na mesma vivenda, sen separación, aplicarase unicamente a tarifa precedente quedando englobada nela a do Epígrafe I)
- As cuotas sinaladas na Tarifa teñen carácter irreducible e corresponden a doce meses.
ARTIGO 6.-DEVENGO
- Devengase a taxa e nace a obriga de contribuir dende o momento en que se inicie a prestación do servizo, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando esté establecido e en funcionamento o servizo municipal de recollida de lixo domiciliario, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou establecementos utilizados polos contribuíntes suxeitos á Taxa.
- Establecido e en funcionamento o referido servizo, as cuotas devengaranse o primeiro día de cada SEMESTRE natural, salvo que o devengo da TAXA se producira con posterioridade a dita data, neste caso a primeira cuota devengarase o primeiro día do SEMESTRE seguinte.
ARTIGO 7.-DECLARACIÓN E INGRESO
- Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data en que se devengue por primeira vez a Taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición na matrícula, presentando, para o efecto, a correspondente declaración de alta e ingresando simultáneamente a cuota do primeiro SEMESTRE.
- Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos figurados na matrícula, levaranse a cabo en ésta as modificacións correspondentes, que surtirán efectos a partir do período de cobranza seguinte ó da data en que se teña efectuado a declaración.
- O cobro das cuotas efectuarase SEMESTRALMENTE mediante recibo derivado da matrícula.
ARTIGO 8.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artígos 77 e seguintes da Lei xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza fiscal, con redacción definitiva aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 24 de novembro de 2010, entrará en vigor unha vez publicada a mesma no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, sendo de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2.011, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
O ALCALDE - PRESIDENTE O SECRETARIO




