Ordenanza xeral subvencións

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O 18 de febreiro de 2.004, entrou en vigor a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), (BOE nº 276, de 18/11/03).

A disposición transitoria primeira (LXS), establece a obriga, no prazo dun ano a partir da entrada en vigor da lei, de proceder á adecuación da normativa reguladora de concesión de subvencións ó réxime xurídico establecido na mesma.

O art. 9.2 (LXS), impón a obriga, con carácter previo ó outorgamento das subvencións, de aprobar as normas que establezan as bases reguladoras da súa concesión.

Por último, o art. 17.2 (LXS), sinala que as bases reguladoras das subvencións das corporacións locais deberanse aprobar, entre outros medios, a través dunha ordenanza xeral de subvencións.

En cumprimento das previsións legais anteriores esta ordenanza dirixese a regular con carácter xeral as bases de concesión de subvencións polo Concello de Paradela.

TÍTULO I.
DISPOSICIÓNS XERAIS

· Artigo 1. Obxeto.
Esta ordenanza ten por obxeto a regulación do réxime xurídico xeral das subvencións outorgadas polo Concello de Paradela.

· Artigo 2. Concepto de subvención.
Entendese por subvención, para os efectos desta ordenanza, toda disposición diñeiraria realizada polo Concello de Paradela a favor de persoas públicas ou privadas que teñan a consideración de beneficiarios nos termos establecidos nesta ordenanza, que cumpra os requisitos establecidos no art. 2.1 da Lei 38/2.003, de 17 de novembro (LXS).

· Artigo 3. Réxime xurídico das subvencións.
As subvencións rexerán por esta ordenanza, no seu defecto pola Lei 38/2.003, de 17 de novembro (LXS) nos termos establecidos na súa disposición final primeira e segunda, as restantes normas de dereito administrativo e, por último, aplicaranse as normas de dereito privado.

· Artigo 4. Principios Xerais.
A xestión das subvencións realizaranse de acordo cos principios de publicidade, transparencia, concurrencia, obxetividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

· Artigo 5. Órgano competente para a ordenación, instrucción e concesión de subvencións.
Corresponde ó Alcalde-Presidente a instrucción e ordenación do procedemento de concesión de subvencións.

A Xunta de Goberno Local é o órgano competente para a concesión de subvencións nos termos establecidos nos acordos de delegación de competencias realizados polo Alcalde-Presidente, Decreto de data 16 de xuño de 2.003 (BOP nº 145, de data 26/06/03) e Pleno, acordo de data 25 de xuño de 2.003, (BOP nº 163, de data 17/07/03).

· Artigo 6. Beneficiarios.
Teñen a consideración de beneficiarios da subvención todas aquelas persoa que realicen actividades dirixidas á satisfacción dun interese xeral ou sectorial de carácter social, económico, cultural ou humanitario ou outros debidamente xustificados, que non se atopen incursas nas prohibicións establecidas no art. 13.2 e 3 da Lei 38/2.003, de 17 de novembro (LXS), que se determine en cada convocatoria específica.

Poderán acceder á condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquer outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de persoalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou actividades, ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

· Artigo 7. Publicidade das subvencións concedidas.

A publicidade das subvencións concedidas polo Concello de Paradela realizarase no taboleiro de anuncios nos termos do art. 18 de la Lei 38/2.003, de 17 de novembro (LXS).

· Artigo 8. Contía da subvención.

O importe da subvención poderá alcanzar o 100% do custe da actividade subvencionada, a cuantía final estará en función do que se determine para cada convocatoria e do concreto crédito presupuestario habilitado para a satisfacción do interese xeral que se persegue coa súa concesión, procedéndose, se fora necesario, a minorar proporcionalmente os importes das subvencións ata axustarse ó crédito dispoñible.

O disfrute das subvencións que poida conceder o Concello de Paradela é compatible con calqueira outra subvención, axuda, ingreso ou recurso que poda recibirse de calqueira outra entidade pública ou privada, sempre que a súa cuantía non supere o presupuesto do proxecto ou actividade para o que se solicita ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do gasto subvencionable que se estableza.

TÍTULO II.
PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN E XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS

· Artigo 9. Convocatoria.

A concesión de subvencións realizarase con carácter ordinario no réxime de concorrencia, e a súa xestión axustarase ó establecido nos artigos seguintes.

A aprobación da convocatoria de concesión determinará a aprobación do gasto nos termos previstos no R.D. Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

No anuncio de convocatoria, que será publicado no Taboleiro de anuncios e no Boletín Oficial da Provincia, indicarase:

- Obxecto e finalidade da subvención.
- Requisitos específicos que deben reunir os beneficiarios.
- Partida presupostaria.
- Prazo de presentación de solicitudes.
- Modelo normalizado de solicitude.
- BOP de publicación da Ordenanza Xeral de Subvencións que rexe o procedemento de concesión e xestión da subvención.

· Artigo 10. Solicitudes. Documentación.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente, debendo utilizarse o modelo normalizado que se determine na convocatoria, podendo presentarse en calqueira dos lugares previstos no art. 38.4 da Lei 30/1.992, de 26 de novembro.

Xunto coa solicitude, acompañarase a documentación seguinte:

  • DNI/CIF do solicitante e, no seu caso, do seu representante.
  • Memoria xustificativa da necesidade da subvención.
  • Proxecto concreto para o que se solicita a subvención, que incluirá unha memoria descriptiva e un presuposto desagregado de gastos e ingresos para a súa execución.
  • Declaración responsable das subvencións solicitadas e recibidas de calquera entidade pública ou privada para a mesma finalidade.
  • Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións establecidas no art. 13.2 e 3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, para obter a condición de beneficiario que deberá ser otorgada ante o Alcalde-Presidente do Concello.
  • Certificación de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias o frente á Seguridade Social, que non poderá ter unha antigüedade superior a tres meses a contar desde a data da súa expedición. Esta certificación poderá sustituirse por unha declaración responsable outorgada ante ó Alcalde-Presidente do Concello, requirindose, neste caso, polo órgano instructor a súa presentación con anterioridade á proposta de resolución de concesión, no prazo de quince días.
  • Certificación dunha entidade bancaria dun número de conta no que se procederá ó ingreso da subvención.
  • O procedemento de tramitación das solicitudes de concesión da subvención axustarase ó establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro (LRXPAC).

· Artigo 11. Prazo.

O prazo para a presentación de solicitudes será o que se sinale en cada convocatoria, que non poderá ser en ningún caso inferior a quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

· Artigo 12. Criterios de valoración.
Para a resolución de concesión da subvención e determinación da súa contía terán en conta os criterios obxectivos seguintes, relacionados por orde de importancia

  • Representatividade.
  • Grao de interese ou utilidade dos seus fins.
  • Porcentaxe de aportación propia do solicitante.
  • Axudas que reciben doutras entidades públicas ou privadas.
  • Beneficiarios que recibiron axudas no exercicio anterior con óptimo rendemento, estimado según o seu grao de cumprimento e de xustificación.

· Artigo 13. Comisión de valoración.

A valoración das solicitudes presentadas, unha vez revisados os expedientes e formalmente completos, realizarase por unha Comisión de Valoración, integrada por tres concelleiros designados polo órgano competente para resolver, actuando como secretario o da Corporación, que emitirá un informe no que se concrete o resultado da valoración efectuada e a súa proposta de concesión ó órgano instructor.

· Artigo 14. Proposta de resolución.

O órgano instructor á vista do informe e proposta de concesión da Comisión de Valoración formulará proposta de resolución provisional co límite fixado dentro do crédito dispoñible.

Cando a proposta de resolución provisional sexa inferior ó que figura na solicitude presentada, poderase instar do beneficiario, a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable.

A proposta de resolución provisional non creará dereito algún a favor do beneficiario frente ó Concello, mentres non se lle notificara a resolución de concesión.

· Artigo15. Prazo de resolución, notificación e aceptación.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, o cómputo realizarase a partir do día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de solicitudes de concesión da subvención.
O vencemento do prazo máximo sen terse notificado a resolución lexítima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

O beneficiario da subvención ven obrigado a comunicar a aceptación da subvención e das obrigas impostas na resolución de concesión, no prazo de quince días a contar desde o seguinte ó da súa notificación. Transcurrido este prazo sen que se comunique a aceptación, e de non xustificarse suficientemente a concorrencia de circunstancias excepcionais que impediran facelo, dictarase resolución deixando sen efecto a subvención concedida.

· Artigo 16. Modificación.

A alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como a percepción de calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso en concorrencia coa concedida polo Concello de Paradela que supere o presuposto da actividade para o que foi outorgada, dará lugar á modificación da resolución de concesión.

· Artigo 17. Xustificación.

A xustificación da subvención realizarase no prazo de tres meses dende a data de finalización da actividade, e en todo caso, antes do 15 de decembro do exercicio presupostario correspondente.

Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación seguinte:

  • Memoria descriptiva da actividade realizada.
  • Conta xustificativa do gasto realizado, con desglose de cada un dos gastos realizados.
  • Facturas orixinais ou copia compulsada dos gastos realizados, o seu contido axustarase ó establecido no R.D. 2401/1985, de 18 de decembro, así como orixinais ou copia compulsada de calquer outro documento con validez xurídica no tráfico mercantil ou con eficacia administrativa que permita acreditar o cumprimento da subvención concedida, que estarán datados no exercicio económico para o que se concedeu a subvención.
  • Declaración responsable do cumprimento da finalidade para a que se otorgou a subvención e aplicación dos fondos á actividade subvencionada.
  • Declaración responsable das subvencións recibidas de calqueira entidade pública ou privada para a mesma finalidade.
  • Certificación de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou frente á Seguridade Social, que non poderá ter unha antigüedade superior a tres meses a contar desde a data da súa expedición.

· Artigo. Pago.

O pago da subvención realizarase previa xustificación polo beneficiario da realización da actividade, proxecto, obxectivo ou adopción do comportamento para o que se concedeu nos termos establecidos no acordo de concesión da subvención.

Poderán realizarse pagos anticipados con carácter previo á xustificación da subvención, ata o 75% do seu importe total, como financiación necesaria para poder levar a cabo as actuacións inherentes á súa concesión, que responderán ó ritmo de execución da acción subvencionada.

· Artigo 19. Incumprimentos.

O beneficiario ven obrigado ó cumprimento das obrigas establecidas con carácter xeral no art. 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro (LXS) e as que con carácter particular poidan impoñerse no acordo de concesión da subvención.

O incumprimento total ou parcial de estas obrigas constituirá causa que dará lugar á perda da subvención, que levará consigo a obriga de devolver, no seu caso, as cantidades percibidas.

· Artigo 20. Reintegros.

Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia do interese de demora correspondente no caso de incumprimento, así como nos supostos establecidos no art. 37 da Lei 38/2.003, de 17 de novembro (LXS) e os seus concordantes desta ordenanza.

· Artigo 21. Control.

O beneficiario someterase ás actuacións de control que efectúe o Concello para o seguemento da subvención aprobada, co fin de garantir o cumprimento das condicións impostas na resolución de concesión. Neste sentido os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requerida polo Concello no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino da subvención.

· Artigo 22. Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto no Título IV da Lei 38/2.003, de 17 de novembro (LXS).

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA:
A Xunta de Goberno Local en relación con cada convocatoria específica de subvención procederá a desenvolver e concretar no marco do establecido nesta ordenanza os contidos seguintes: o importe global máximo da subvención, porcentaxe a subvencionar, crédito presupuestario ó que se imputa a subvención, requisitos específicos dos beneficiarios e forma de acreditación, prazo de presentación de solicitudes, así como os concretos criterios de valoración.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA:
Quedan exceptuadas do procedemento de concorrencia as subvencións nominativas previstas no Presuposto Municipal, e excepcionalmente, as que se conceden para colaborar nos gastos de festas dos núcleos e parroquias do municipio e aquelas outras subvencións que razóns xustificadas acrediten a dificultade da súa convocatoria pública, que poderán instrumentarse a través do asinamento dun convenio de colaboración no que se establecerán as condicións e compromisos aplicables ás partes asinantes.

DISPOSICIÓN FINAL:
Esta ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e transcurrido o prazo previsto no art. 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

Paradela, 23 de setembro de 2004

O Alcalde-Presidente               O Secretario

Arquivo adxunto: