Outros lugares

SANTA MARIA DE FRANCOS

Igrexa rural barroca. Posiblemente foi cemiterio de personaxes francesas que camiñaban a Santiago.

Santa María de Francos

IGREXA DE BARAN

Igrexa parroquial barroca do século XVIII. No dintel aparece a data de 1786. Retablo maior, boa peza, do século XVI. Nave a dúas aguas, entablado abovedado. Frontis esbelto, porta adintelada, ventanal cadrado, espadaña a dous vanos protexidos por balaustrada de granito, acróteras elegantes. Pila bautismal con gallóns oblicuos.

Igrexa de Baran

PASEO RUXIDOIRA – SAN MIGUEL

Na capitalidade do concello existe un paseo que acompaña o regato Ruxidoira, onde o visitante poderá disfrutar dunha tranquila camiñata que o levará ata ó conxunto etnográfico formado por unha fervenza e un muíño de recomendable visita.

Ver mais fotos

Paseo Ruxidoira - Sann Miguel

IGREXA DE SAN MIGUEL

Templo románico que conta cunha artística pila bautismal do s. XVI – XVII.

Perto da igrexa atópase un dos máis destacados cruceiros das terras lucenses, composto por un capitel de follas e volutas, un esbelto fuste monolítico decorado con motivos da Paixón de Cristo.

Igrexa de San Miguel

SAN LORENZO DE SUAR

A igrexa parroquial conserva elementos da súa primitiva fábrica románica. Este núcleo mostra reminiscencias de ser un asentamento dos máis antigos do concello, presentando, ademáis, unha boa conservación do conxunto.

San Lorenzo de Suar

San Lorenzo de Suar

SANTA MARIA DE VILARAGUNTE

A finais do século XII construíuse o templo parroquial, do que queda a nave. Actualmente está restaurada. O aspecto mais interesante do edificio é o frontis, con portada de tres arquivoltas.

Santa María de Vilaragunte

IGREXA DE ALDOSENDE

Retablo neoclásico. Atopase nunha elevada colina, sobre o río Trapa. Nave a dúas augas.

Igrexa de Aldosende

IGREXA DE SANTA CRISTINA

A fachada do templo conta cunha fiestra visigótica ensamblada na parte alta do frontón.

Igrexa de Santa Cristina

TEMPLO PARROQUIAL DE SAN VICENTE

Segundo unha inscripción do testeiro, a igrexa actual fíxose en 1630. É de destacar polo seu interese arquitectónico, o frontis, de sillares graníticos; con porta rectangular aberta nun arco de grandes dovelas, quizá aproveitadas do templo anterior, por presentarse sen función constructiva e ofrecer certos detalles mozárabes.

Parroquia San Vicente