• 13 Sep 11

PARADELA, UN RESPIRO MUSICAL NO CAMIÑO

Setembro e outubro son dous meses nos que haberá moitas actuacións musicais no Concello de Paradela. Nas festas patronais de Paradela actuarán as seguintes orquestras: o sábado, 17 de setembro a Orquesta Ría de Vigo Show, o domingo, 18 de setembro a Orquestra Trébol e a Orquestra Trobadores, o luns 19 de setembro a Orquestra Satélites e a Orquestra Capitol. O xoves 29 de setembro está pendente de confirmar a actuación.

 

Nas festas do Rosario de Castro de Rei, as actuacións serán as seguintes: a actuación do día 1 de outubro está pendente de confirmar, o domingo 2 de outubro a Orquestra Costra Oeste e a Orquestra Gran Parada, o luns, 3 de outubro a Orquestra Panorama e a Orquestra Marbella.