• 17 Jan 12

PROBAS GRADUADO EN ESO E CELGA 2

O Concello de Paradela ten previsto realizar durante os meses próximos as seguintes actividades: formación de adultos para a preparación das probas de Graduado en ESO e actividade preparatoria das probas do CELGA 2. Estas actividades serán cofinanciadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

 

Aquelas persoas interesadas poderán anotarse antes do día 24 de xaneiro na casa do Concello (Tfno.: 982 54 11 01).