• 19 Oct 15

BASES E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ACCESO A UNHA PRAZA DE ESCALA: ADMINISTRACIÓN XERAL; SUBESCALA: AUXILIAR ADMINISTRATIVO, GRUPO C2, CON CARÁCTER INTERINO

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 239 de data 19 de outubro de 2015, publicouse o anuncio das bases e a convocatoria do proceso de acceso a unha praza de Escala: Administración Xeral; Subescala: Auxiliar administrativo, grupo C2, con carácter interino.

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do estrato desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

 

A presentación das solicitudes poderá realizarse no Rexistro Xeral do Concello ou na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

 

Descargar bases (PDF)

Descargar solicitude (DOC)