• 11 Nov 22

Asesoramento gratuíto para persoas autónomas, emprendedoras e empresas

IGAPE RESPONDE: A incerteza marca o noso día a día; afecta a persoas autónomas, emprendedoras e empresas. Que é o que che preocupa do teu negocio? Só tes que contarnos a túa necesidade e poñemos á túa disposición asesoramento GRATUÍTO e en liña.

Como te axudamos?

  • Na captación de novos clientes
  • Coas débedas a curto prazo
  • Na implantación de pasarelas de pago
  • No lanzamento dun novo un negociO
  • E... moito máis!

Tamén teñen en marcha eventos formativos, en NOVEMBRO:

  • LUNS, 14 - O absentismo laboral, por que se produce e como previlo
  • MÉRCORES, 16- Formas xurídicas para emprender: diferencias e vantaxes
  • LUNS, 21 - Como elaboro o meu plan de empresa?
  • MÉRCORES, 23 - Que método aplico para calcular o punto de equilibrio económico e financiero?
  • MÉRCORES, 30 - Análise da viabilidade da miña idea de negocio desde o punto de vista de equilibrio

Máis información en: https://responde.igape.es/lina-2-medidas-de-accion-inmediata/