• 23 Nov 20

BANDO: PERÍODO DE MATANZA

José Manuel Mato Díaz, Alcalde do Concello de Paradela (Lugo). FAGO SABER:

Que dende as autoridades sanitarias trasládannos datos da situación actual de transmisión do COVID-19. Está demostrado que a maior fonte de contaxios son as reunións familiares e veciñais. Tendo en conta que a partires destas datas comeza o PERÍODO DE MATANZAS e que tradicionalmente se realizan coa axuda de familiares, veciños e amizades, advírtese de que poden ser un foco de transmisión importante se non se respectan estritamente as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias.

Descargar bando (PDF)