• 02 Nov 18

REFORMA DAS INSTALACIÓNS - MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS E BENS DO CAMIÑO FRANCÉS E GASTOS NOS QUE INCORRAN OS CONCELLOS

En cumprimento das obrigas de información e publicidade, ao abeiro do Convenio de colaboración asinado entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Paradela para a actuacións de mellora e mantemento, de atención e información ao peregrino e de promoción do Camiño Francés-anualidade 2018.

Dentro da liña 1 do citado Convenio, que ten por obxecto a mellora das infraestruturas e bens do Camiño francés e gastos nos que incorran os Concellos; o Concello de Paradela, procedeu á reforma das instalacións de alumeado exterior dos núcleos do Camiño Francés ao seu paso por Paradela, en concreto nos núcleos de Delle, Parade de Delle, San Cristovo, Pedreira, Villalvite e Fruxinde, mediante o subministro e instalación de luminarias LED de 30W-840 e  a reforma do Cadro de mando e protección, para dotar ao mesmo de protección contra sobretensións transitorias, formada por descargadores de sobretensións transitorias conectados á toma de terra, que aseguren que ningún equipo da instalación sexa sometido a unha tensión superior á que poida admitir. Inclúese protección magnetotérmica 2x10/16 A e revisión da instalación de posta a terra, ou acondicionamiento en caso de que se atope en mal estado, para obter unha resistencia de posta a terra inferior a 30 ohmios, e así:

- Acadar unha mellora da eficiencia enerxética das instalacións de alumeado, e en consecuencia lograr unha mellora ambiental mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmósfera, así como aforro económico-

- Diminuír a contaminación lumínica.

- Garantir a seguridade nas instalacións

- Mellorar as prestacións das instalacións, cuns niveis de iluminación axeitados ás vías que iluminan

- Reducir gastos asociados ao servizo de alumeado público, tanto por mantemento da instalación como por factura enerxética.

O importe total ascendeu a 13.300,00 € financiados na súa totalidade pola Axencia de Turismo de Galicia.