• 14 Feb 23

Xuventude Mentoring

A Xunta de Galicia abre o prazo para participar na terceira edición do programa Xuventude Mentoring que serve para asesorar, formar e impulsar á mocidade cara a inserción laboral.

Esta nova edición contará con 250 prazas para mozos de entre 18 e 30 anos e manterase aberto o prazo de inscrición ata o 10 de marzo.

Este programa impulsado pola Xunta de Galicia, en colaboración co CIXUG e as tres universidades galegas, leva dous anos ofrecendo á mocidade un primeiro contacto coa súa área de coñecemento, con actividades formativas e visitas a empresas para que os mozos e as mozas poidan crear a súa rede de contactos.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse nesta nova edición a través da páxina web https://www.xuventudementoring.gal/