• Galego
  • Español

Por qué visitar Paradela?

Vostede está aquí

Este municipio posúe un clima agradable e é rico en bosques que suavizan as temperaturas tanto nos meses estivais como nos de inverno. Posúe unha excelente comunicación por estrada coas principais cidades galegas e atópase a pouco máis de media hora en coche tanto de Lugo como da Ribeira Sacra onde se atopa a maior concentración de construcións relixiosas de estilo románico en Europa.

Paradela, pobo vivo

É un destino ideal para facer unha escapada en calquera época do ano. Os seus habitantes son abertos, acolledores, hospitalarios e en ocasións ofrecen a súa casa a pereginos para pasar a noite.

Conta con centro de saúde, farmacia, oficina de correos, bancos, un albergue público, servizo de taxis, supermercados, centro social e biblioteca con acceso a Internet gratis, mercado plurifuncional, piscinas municipais, xulgado de paz, pavillón, colexio plurilingüe e non esqueza a feira os días 15 de cada mes no centro do pobo!

Punto de partida do Camiño Francés

Paradela está á distancia de 100 quilómetros mínima obrigatoria para obter a Compostela, xa que aquí se atopa o qm. 100 do Camiño Francés.