Manuel Oreste Rodríguez López
“O celme máis enxebre da sensibilidade popular atópase, a pouco que se pescude, a moreas, nas aldeas de Paradela, parolando cos paisanos, depositarios da lingua, sabedores dos costumes ancestrais e mestres á hora de compangar a retranca e o inxenio coa doada facilidade imaxinista e co humorismo que lles ven de vello.”
Ángel Fernández López
“Os estudosos da orixe e significación dos nomes propios de lugar suxeríronnos que o termo PARADELA é diminutivo de PARADA, que ven do latín PARARE de forma que PARADELA pode ser o lugar onde se para. Esta mesma interpretación do topónimo é a que da Amor Meilán ao afirmar que PARADELA é diminutivo da PARADA, ou lugar destinado polos romanos para recambio das cabalerías.”
Jaime Delgado Gómez
“ Unha honra é para Cortes saber que o papa Celestino III (1191-1198), pero antes de serlo, sendo aínda cardenal, logrou a ubicación aquí da Orde Militar de Santiago, despois de laboriosas xestións realizadas polos arcebispos de Santiago e Toledo.”
Víctor López Villarabid
“Aparece este concello enclavado na área de planura e depresións da Galicia centrooriental, pero sinalando no seu seo rasgos moi peculiares, ata orixinais, tanto a nivel morfolóxico como litolóxico. Un estudo detallado dos seus rasgos físicos permite falar da existencia de dúas áreas montañosas sen ningunha unión entre si: unha, situada no límite con O Páramo, e a outra, máis ampla, localizada entre o río Loio e as terras de O Saviñao.”
Jaime Félix López Arias
“Son terras de brezo e xesta, páramos e gándaras que descenden en brusco declive cara aos leitos de ríos e torrenteiras. A terra de Paradela, que vai de Pena Veitureira ás estribacións do monte Páramo e do Cabántigos ás ribeiras do Miño, soubo dos afáns colonizadores dos bieitos e bernardos, e das inquedanzas dos freires guerreiros.”