• Galego
  • Español

Patrimonio Etnográfico

Usted está aquí

A divulgación do patrimonio etnográfico permite conservar e transmitir a cultura, tradicións, costumes e formas de vida das comunidades ás xeracións futuras. Axuda a manter viva a identidade cultural e a evitar a perda de prácticas e coñecementos tradicionais.

O ENIL Loio Ruxidoira contén unha grande mostra deste patrimonio que nos fai a referencia forma en que a comunidade de Paradela interactuaba co seu entorno natural.

A divulgación deste patrimonio etnográfico non só é importante para preservar a herdanza cultural, senón que tamén ten un impacto positivo na educación, o turismo, a cohesión comunitaria e a promoción da diversidade cultural. Contribúe a enriquecer as nosas vidas e a comprender mellor o mundo que nos rodea.

A relación dos ben patrimoniais e culturais presentes dentro do límite do ENIL ou que exercen algún tipo de afección sobre o mesmo é o seguinte;

Bens de Interese Cultural:

  • Camiño de Santiago Francés (Clave: 27042_217)

  • Capela de Santa María de Loio e necrópole do antigo mosteiro (Clave: 27042_592)

Elementos do Catálogo de Patrimonio Cultural:

  • Ponte sobre o muiño de Sucastro: (Clave: 27042_14950)

  • Muíño de Sucastro (Clave: 27042_14952)

  • Muíño de Pías no río Loio (Clave: 27042_15096)

  • Muíño da Retorta no río Loio (Clave: 27042_15103)

  • Antiga ponte sobre o Loio (asolagada) (Clave: 27042_15105)

  • Muíño Xaime (ou de Antolín) no río Loio (Clave: 27042_16827)

  • Castro de Barán (Clave:27042_51632)

Fóra dos elementos catalogados, dentro dos límites do ENIL atópanse diversas construcións e equipamentos asociados a usos tradicionais do solo. Entre estes elementos cabe destacar os seguintes:

  • Ouriceiras: construción tradicional para gardar os ourizos das castañas no mesmo souto onde se recollen.

  • Albarizas: construcións tradicionais cuxo orixe se perden nos tempos, cuxa función era protexer as colmeas de abellas e a súa apreciada mel dos depredadores como o oso. Por iso é moi fácil velas onde antano abundaba o oso, sobre todo nas serras do interior.

  • Muros: peches do perímetro das parcelas dedicadas a cultivo de viña. Ademais do seu valor etnográfico e patrimonial, estas estruturas teñen un significativo valor ecolóxico xa que serven de refuxio de a moitos réptiles, favorecendo a súa presenza no espazo do ENIL.

  • Antigas edificacións destinadas a diversos aproveitamentos, tales como bodegas ou antigas zonas de almacenaxe.



Muros antigos presentes no ENIL

Restos de construcións tradicionais. Ouriceiras

Muíño restaurado

Ponte sobre o río Loio

Considérase fundamental destacar a presenza destes elementos xa que confiren un valor engadido ao espazo. Ademais, estes elementos poden ser un reclamo para que a sociedade se achegue ao ENIL e goce dos valores naturais presentes nel e tome consciencia da súa necesidade de protección e conservación.