• Galego
  • Español

Benvida do alcalde

Vostede está aquí

Alcalde José Manuel MatoBenvidos a esta páxina do Concello de Paradela, que agardo sexa antesala dunha visita física á nosa terra.

Paradela é un concello situado no sureste de Galicia, polo que discorre o Camiño Francés a Compostela, o que supón paso de peregrinos –terra aberta- desde hai 1.200 anos.

Pertencemos á Ribeira Sacra, terra de mosteiros milenarios, soutos de árbores autóctonas e fermosísimas ribeiras de ríos que invitan ó descanso, á contemplación e á vida.

Invítovos a informarvos, a través desta páxina, do traballo colectivo dos paradelenses e das fermosas riquezas monumentais e paisaxísticas do noso Concello.

E cando xa nos coñezades a través da Rede, vide á Paradela física, na que estamos agardándovos porque nesta vella terra –sempre Camiño- cabemos todos.

 

Firma Alcalde José Manuel Mato

José Manuel Mato
Alcalde de Paradela

Paradela

 

 

Xunta de galicia