Unidade Móbil de inspección técnica de Agrícolas (ITV) en Paradela
Pon en coñecemento dos veciños deste municipio, que dende o día 9 de FEBREIRO ata o 13 de FEBREIRO de 2026 e dende o 26 de FEBREIRO ata o 5 de MARZO desprazarase a este Concello unha Unidade Móbil 12 de inspección técnica de Agrícolas (Supervisión y Control, S.A. ITV), en horario de 9:00 a 13:30 horas pola mañá, e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde, agás os días:
- 13/02/2026, 26/02/2026 e 05/03/2026 que serán só en horario de mañá.
- Os días 27 e 28 de febreiro e 01 de marzo a estación permanecerá pechada.
- Os días 2, 3 e 4 de marzo a estación permarecerá aberta en horario habitual de mañá e de tarde.
A unidade móbil instalarase na VILA DE PARADELA, (NO RECINTO FEIRAL), co obxecto de realizar inspeccións periódicas a vehículos agrícolas, así como de obras e servizos que a súa velocidade máxima por construcción non supere os 40 Km/h, a súa tara (peso en vacío) non supere 8.000 Kg, nin exceda de 2.500 mm na súa anchura (SÓ VEHÍCULOS MATRICULADOS).


