• 28 May 26

ACTA DO FALLO DA XXXI EDICIÓN CERTAME LITERARIO MANUEL - ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ

Reunidos no Salón de Sesións do Excmo. Concello de Paradela, sendo as once e quince minutos do día vinte e sete de maio de dous mil vinte e seis, o xurado formado por Dª Mª Montserrat Mulet Sar, Alcaldesa do Concello de Paradela como Presidenta; D. Xulio Xiz Ramil (escritor e xornalista); D. José Antonio Giz Paz (director de Galicia Digital), D. Jaime Félix López Arias (profesor e escritor) e D. Ángel Fernández López (escritor e Fillo Predilecto de Paradela) como vogais; e Dª María del Carmen Corral López, Secretaria-Interventora do Concello de Paradela, que da fe do acto.

Constituíuse o xurado en forma e coa ausencia de D. Valentín Garcia Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, D. José Manuel Mato Diaz, D. Xavier Rodriguez Barrio, Dª Irene López Gómez e D. Carlos Rodríguez Otero, que delegaron e remitiron as súas valoracións nos membros do xurado que asisten ao acto.

Nesta edición presentáronse catrocentas catorce (414) obras, das cales cento cincuenta (150) obras corresponden á categoría de poesía, e duascentas dez (210) obras á de narrativa, e cincuenta e catro (54) obras, na modalidade especial do Camiño de Santiago.

A continuación o xurado procedeu a cualificar as obras presentadas e atopadas conforme as bases no seu día aprobadas, sinalando o nivel alto dos participantes.

Descargar fallo (PDF)