• 10 Jun 26

CAMPAMENTO DE VERÁN "LECER EN PARADELA" 2026

O Concello de Paradela abre o prazo de preinscrición para unha nova edición do Campamento de Verán "Lecer en Paradela", unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos para desfrutar do verán con actividades lúdicas, deportivas e educativas.

Período de preinscrición: do 8 ao 26 de xuño
Lugar de inscrición: Oficinas Xerais ou Departamento de Servizos Sociais do Concello
Temporalización do campamento: do 1 de xullo ao 31 de agosto
Horario: de 9:00 a 14:00 horas
Lugar: Polideportivo do CEIP de Paradela
30 prazas dispoñibles
Posibilidade de inscrición por meses, quincenas ou semanas.

Terán prioridade os nenos e nenas empadroados no Concello de Paradela. Tamén poderán participar menores con vinculación familiar co municipio e, de existir vacantes, outros participantes por orde de inscrición.
Durante o campamento realizaranse actividades no propio centro, na piscina municipal e noutras localizacións da contorna.

Anímate a vivir un verán cheo de diversión e aprendizaxe!