• 03 Sep 25

Bando: Recollida gratuíta de obxectos voluminosos en Paradela

O Concello de Paradela informa que o día 23 de setembro de 2025 realizarase unha recollida gratuíta de obxectos que non poden depositarse nos contedores habituais, como colchóns, neveiras, lavadoras ou televisores. As persoas interesadas deben comunicar previamente ao Concello o tipo de obxecto que van depositar, chamando ao 982 541 101 ou acudindo ás oficinas municipais. Pídese a colaboración cidadá para depositar só lixo doméstico nos contedores e separar correctamente o cristal. Non se admiten materiais como ferros, garrafas de plástico, baldosas, azulexos ou pezas de baño.

Descargar bando (PDF)