Campamento de Verán 2025
PERSOAS PARTICIPANTES
Dirixido a nenos e nenas empadroados no Concello de Paradela que cursen estudos en calquera Centro de Educación Infantil e Primaria con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
Tamén poderán participar nenos e nenas co perfil de idade mencionado anteriormente que estean empadroados noutros Concellos pero que teñan vinculación familiar con persoas empadroadas no Concello de Paradela.
Os nenos e nenas non empadroadas no Concello de Paradela e sen vinculación familiar co mesmo poderán acceder a prazas vacantes. O seu acceso será por rigurosa orde de inscrición.
PREINSCRICIÓN: Do 9 ao 24 de xuño nas oficinas xerais ou no departamento de Servizos Sociais do Concello de Paradela
MODALIDADES DE INSCRICIÓN: A inscrición poderá ser por meses, quincenas ou semanas
TEMPORALIZACIÓN: Do 1 de xullo ao 29 de agosto (Ambos incluídos. Días lectivos).
HORARIO: De 9.00 a 14.00 horas
LUGAR: Polideportivo do Colexio Público de Paradela
**Poderán organizarse actividades noutras localizacións: piscina municipal ou visitas na contorna do Concello.
EMPRESA XESTORA DO CAMPAMENTO: COESCO S.L.U