ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2015
Está aberto o prazo ata o 16 de abril (incluído) de 2015 para solicitar prazas nas actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2015. Poderán solicitar estas axudas o alumnado que curse a ESO ou BACHARELATO e que reúnan os seguintes requisitos:
-Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
-Nota mínima na área, módulo ou materia de lingua estranxeira de Ben ou 6 no curso 2013-2014
-Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/2014.
-Ter DNI, NIE, pasaporte, visado ou tarxeta de residencia en vigor, segundo corresponda. Exento o alumnado menor de 14 anos.
Se estades interesados, podedes dirixirvos á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Paradela situada no Centro Social Manuel O. Rodríguez López (Tlf: 982-541096) de 16:00 a 21:00 horas.