• 20 Oct 23

4 DE NOVEMBRO: XORNADA DIVULGATIVA SOBRE O ENIL LOIO-RUXIDOIRA

O sábado 4 de novembro terá lugar no Centro Sociocultural de Paradela unha xornada divulgativa sobre o ENIL Loio-Ruxidoira. Organiza o Concello de Paradela en colaboración con Foresin.

O ENIL Loio-Ruxidoira

Os espazos naturais de interese local, tal e como define a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, son lugares singulares que merecen algún tipo de protección dos seus valores naturais.

O ENIL Loio-Ruxidoira ten unha superficie de 437 hectáreas que se localizan nas seguintes parroquias do Concello de Paradela: Loio, Castro San Martiño, Castro (San Mamede), Ferreiros, Francos, Cortes, Laxe, Suar, San Miguel, Vilaragunte e Barán.

Ointerese do espazo Loio-Ruxidoira radica na gran diversidade de especies que habitan un bosque de ribeira extenso e en bo estado de conservación que se alterna con extensas áreas de carballos e castiñeiros. A maior parte do ENIL está ocupada por carballos, castiñeiros, bidueiros, salgueiros…etc. Estes bosques de especies autóctonas son bosques maduros e equilibrados que favorecen a biodiversidade e son refuxio dun gran número de especies de fauna e flora. Entre as marabillas botánicas que atesoura o ENIL hai varias árbores singulares como por exemplo un carballo centenario que se atopa en pleno sendeiro da ruta do Loio e outros dous castiñeiros centenarios nas ruínas de Sta María de Loio, ademais de carballos e castiñeiros dispersos na ruta que sen ser centenarios poderían estar próximos, dado a morfoloxía característica que presenta o seu tronco.

 

Descargar memoria (PDF)

Ver galería de fotos