• Galego
  • Español

Curiosidades

Usted está aquí

Schistostega pennata na cova do ENIL Loio RuxidoiraDentro do hábitat do ENIL nos atopamos coa especie Schistostega pennata. É un musgo holártico raro e acidófilo cun característico protonema brillante cando se ilumina coa luz solar. Sole atoparse en hábitats escuros e húmidos e está catalogado como Amenazado ou Casi Ameazado nas Listas Vermellas Ibéricas. Este musgo foi atopado nunha das covas presentes no transcurso no Loio, tamén chamado  'Musgo luminoso', 'Oro de duende' y 'Oro de dragón” facendo referencia á súa característica máis interesante: a súa capacidade de parecer brillar na escuridade. Esta propiedade débese ao seu protonema persistente, de cor verde esmeralda e brillante (Glime e Turzańska Cita2017; Casas et al. Cita2020). As células especializadas nos protomenios teñen unha vaciola única, grande e en forma de lente, cuxa superficie curva é capaz de redirixir e enfocar a luz cara aos cloroplastos. Cando a luz provén dunha soa dirección, os cloroplastos se desprazan cara ao punto máis intensamente iluminado no lado interno da célula, xerando a luminosidade característica do protonema (Glime e Turzańska Cita2017). Esta característica promoveu moitas historias "fantásticas" sobre o taxón (Crum Cita1973; Berqvist Cita1991; Glime y Turzańska Cita2017), e é un dos poucos musgos declarados como 'Monumento Natural' en Hokkaido, Japón (Kanda Cita1971; Iwatsuki Cita1977; Kanda Cita1988). Máis alá desta característica, as súas diminutas e dísticas follas verdes en forma de plumas, que pasan bastante desapercibidas, son o outro carácter diagnóstico que fai que S. pennata sexa practicamente inconfundible. (Fonte; Artículo de investigación: Desentrañando los impulsores ecológicos de Schistostega pennata (Hedw.) F.Weber y D.Mohr en la Península Ibérica: distribución y conservación. Autores: Jairo Robla, Víctor González-García, Sara Santamarina e Mikel Artazkoz).

Ver artículo completo en; Artículo completo: Desentrañando los impulsores ecológicos de Schistostega pennata (Hedw.) F.Weber y D.Mohr en la Península Ibérica: distribución y conservación (tandfonline.com)