• Galego
  • Español

Valores Naturais: A Flora

Usted está aquí

O ENIL Loio-Ruxidoira inclúe o val fluvial que desemboca no río Miño no concello de Paradela. Bioxeograficamente pertence ao subsector Ourensano_Lugués (rexión Eurosiberiana, provincia Atlántica Europea, sector Galaico interior). Este subsector está delimitado polo río Miño e afluentes, os ambientes térmicos e sub-mediterráneos sobre materiais de depósitos aluviais e afloramentos de materiais cuarcíticos.

O Bosque de caducifolias é de óptimo climático na zona, dominado polo carballo (Quercus robur) con presencia de outros árbores como Castanea sativa, Quercus pyrenaica, Betula alba, Pyrus pyraster, Crataegus monogyna o Ilex aquifolium. O bosque superpóñese con formacións de matogueiras sucesionais, prebosques de transición, repoboacións forestais máis ou menos consolidadas, ou ben con prados e o bosque de ribeira nas zonas máis húmidas. Nas zonas máis densas encóntranse especies nemorais como Ajuga reptans ou Primula acaulis.

 

Quercus robur

Castanea sativa

Betula alba

Pyrus pyraster

Crataegus monogyna

Ilex aquifolium

 

Calidade do hábitat En xeral o bosque está ben conservado pero cun grado baixo de madurez, e con presenza de indicadores de baixa calidade como a presencia de árbores de especies exóticas como o Eucalyptus globulus e en outras zonas Acacia dealbata e Robinia pseudoacacia.

Relevancia de valores naturais No ENIL se atopan algunhas árbores de gran porte nas zonas próximas ao límites do bosque e os prados de sega, varios pés de Castanea sativa e Quercus robur. No bosque se localiza Ornithogalum pyrenaicum, unha especie pouco frecuente en Galicia.

O bosque de ribeira ou de galería ocupa as marxes do río Loio e pequenos regos afluentes en ambas beiras. É principalmente unha ameneiral dominada por Alnus lusitanica con outras especies de árbores caducifolios como Fraxinus angustifolia, Acer pseudoplatanus, Corylus avellana, Salix alba, Salix salviifolia, Frangula alnus, Sambucus nigra ou Quercus robur. Entre as acompañantes se identificaron diversas especies nomorais indicadores dun bo estado de conservación do bosque como Ruscus aculeatus, Hedera hibernica, Crepis lampsanoides, Anthoxanthum amarum, Euphorbia dulcis, Geum urbanum, Carex elata, Athyrium filix-foemina, Dryopteris affinis, Aquilegia vulgaris, Euphorbia amygdaloides, Lonicera periclymenum, Hypericum pulchrum, Chrysosplenium oppositifolium, Oxalis acetosella, Dryopteris dilatata, Sibthorpia europea, Omphalodes nitida, Valeriana pyrenaica, Stachys sylvatica, Silene dioica ou Heracleum sphondilllyum.

 



Bidueiral ripario no río Loio

Carballeira parcialmente adehesada

 

Relevancia de valores naturais No ENIL localízase a especie Alliaria petiolata (Cruciferae), que é pouco frecuente en Galicia, e ten o seu límite de distribución no val do Miño.

No ENIL Loio Ruxidoira topamos tamén comunidades herbáceas con coberturas altas de gramíneas acompañadas por leguminosas, compostas e outra familias, que alcanzan alturas superiores a un metro antes da corta. O uso tradicional implica a corta no verán, e en ocasión pastoreo durante os meses de outono. Desenvólvense sobre solos moderadamente profundos en diferentes situacións de pendente e orientacións.

As especies dominantes que se ven no ENIL son as gramíneas entre as que se atopan Avena barbata, Bromus hordeaceus, Holcus lanatus, Arrhenatherum bulbosum, Poa pratensis ou Anthoxanthum amarum. Entre as herbáceas de outras familias, Vicia sativa, Geranium lucidum, Geranium dissectum, Sonchus asper, Crepis capillaris, Centaurea nigra, Achillea millefolium, Echium plantagineum, Campanula rapunculus ou Campanula lusitanica. Son comunidades de interese florístico e como hábitats propicio para polinizadores.

 



Prado de sega en ladera sobre o río Loio

Prado de sega con repoboación de Pinus radiata e bosque en rexeneración

 

Non podemos falar de flora e non falar de brezais, tan presentes na nosa contorna. As teselas sen vexetación arbórea e solo de desenvolvemento limitado conteñen unha comunidade arbustiva con brezais (Daboecia cantabrica, Erica umbellata, Erica cinerea) e xaras (Cistus psilosepalus, Halimium alyssoides), e algunhas gramíneas como Helictochloa marginata e Pseudoarrhenatherum longifolium, e acompañantes como Glanddora prostrata, Polygala vulgaris, Potentilla erecta ou Arenaria montana.

Estas comunidades representan una etapa de degradación do bosque potencial que sucede ás piorneiras de Cytisus spp, menos representados no ENIL e teñen un carácter termófilo representado por algunhas especies de óptimo mediterráneo ou sub-mediterráneo como as xaras ou outras como a umbelífera Thapsia villosa.

A asociación que mellor describe esta comunidade é Ulici europaei-Ericetum cinereae (Calluno-Ulicetea).

 



Superficie forestal con estrato arbustivo dominante integrado no ENIL Loio – Ruxidoira

Ericetum cinereae

 

No ENIL tamén se atopan outras comunidades, usos de solo ou facies de transición das comunidades descritas que teñen un interese menor. Destacan as repoboacións forestais, en maior parte dos casos son repoboación de Pinus radiata e Eucalyptus globulus, pero na beira dos ríos aprécianse algunhas plantacións de Populus nigra, e outras de Castanea sativa.

 

Plantacións de Pinus radiata na contorna da ruta PRG-14.