• Galego
  • Español

Obxectivos específicos para unha correcta xestión do ENIL LOIO-RUXIDOIRA

Usted está aquí

OBXECTIVO 1: Identificación dos elementos de especial interese de conservación (flora, fauna e hábitats).

Para poder acadar este obxectivo, dende o Concello de Paradela marcamos as seguintes actividades a realizar dentro no plan de xestión do ENIL Loio Ruxidoira;

  • Identificación e estudo das especies vexetais presentes no ENIL.

  • Identificación e estudo das especies animais presentes no ENIL.

  • Identificación e estudo dos hábitats presentes no ENIL.

  • Clasificación de cada un dos elementos anteriores en función da súa maior ou menor necesidades de protección.

  • Difusión dos coñecementos científicos adquiridos nas identificacións.

OBXECTIVO 2: Definición das medidas específicas de conservación e protección da fauna, da flora e dos hábitats presentes no ENIL.

Para poder acadar este obxectivo, dende o Concello de Paradela marcamos as seguintes actividades a realizar dentro no plan de xestión do ENIL Loio Ruxidoira;

  • Determinación da calidade das augas dos cursos de auga presentes no ENIL, con especial énfase nas do río Loio.

  • Execución de tarefas de conservación dos refuxios da fauna identificada como prioritaria.

  • Eliminación de especies invasoras.

  • Catalogación de árbores senlleiras.

  • Mellora das condicións de contorna para favorecer a reprodución das especies obxecto de maior protección.

  • Plantación de frondosas autóctonas.

  • Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas das frondosas actualmente presentes no ENIL e que cumpran cos requisitos para seren rexistradas.

  • Seguimento dos indicadores de calidade da auga do río Loio.

  • Eliminación de elementos construtivos que afecten á paisaxe.

  • Definición do calendario de actuación sobre a fauna, flora e hábitats prioritarios para a protección.

  • Conservación da liña de continuidade do bosque de ribeira.

  • Recuperación de prados como axuda aos polinizadores.

  • Redución de usos de fitosanitarios (especialmente os neonicotinoides)

OBXECTIVO 3: Definición do modelo de xestión para a correcta posta en marcha das diferentes medidas

Para poder acadar este obxectivo, dende o Concello de Paradela marcamos as seguintes actividades a realizar dentro no plan de xestión do ENIL Loio Ruxidoira;

  • Determinación dos axentes aos que é necesario implicar para desenvolver as actividades previstas.

  • Determinar a organización temporal das actuacións que se desenvolverán

OBXECTIVO 4: Recuperación dos usos tradicionais 

Para poder acadar este obxectivo, dende o Concello de Paradela marcamos as seguintes actividades a realizar dentro no plan de xestión do ENIL Loio Ruxidoira;

  • Delimitación das áreas do ENIL nas que se van recuperar os soutos para aproveitamento da castaña.

  • Delimitación das áreas do ENIL que antigamente eran empregadas para a plantación de viñedo e que queren ser recuperadas.

  • Recuperación de antigas alvarizas para un aproveitamento apícola.

  • Execución das tarefas de adecuación necesarias, principalmente, rozas a podas.

  • Difusión da posta novamente en produción dos terreos recuperados.

  • Formación das persoas interesadas en poñer novamente en produción os terreos recuperados co fin de garantir que se empreguen prácticas culturais respectuosas co medio.

  • Fomento do asociacionismo.

OBXECTIVO 5: promoción da educación ambiental para poñer en valor os valores existentes e fomentar o correcto uso do espazo por parte da poboación

Para poder acadar este obxectivo, dende o Concello de Paradela marcamos as seguintes actividades a realizar dentro no plan de xestión do ENIL Loio Ruxidoira

  • Publicación de información e material divulgativo sobre o espazo.

  • Mellora dos elementos de sinalización e delimitación da ruta de sendeirismo PR G Río Loio.

  • Identificación e eliminación das infraestruturas, equipamentos e prácticas que causen un impacto sobre a paisaxe