Benvida do alcalde
Alcalde

Benvidos a esta páxina do Concello de Paradela, que agardo sexa antesala dunha visita física á nosa terra.

Paradela é un concello situado no sureste de Galicia, polo que discorre o Camiño Francés a Compostela, o que supón paso de peregrinos –terra aberta- desde hai 1.200 anos.

Pertencemos á Ribeira Sacra, terra de mosteiros milenarios, soutos de árbores autóctonas e fermosísimas ribeiras de ríos que invitan ó descanso, á contemplación e á vida.

Invítoos a informarse, a través desta páxina, do traballo colectivo dos paradelenses e das fermosas riquezas monumentais e pasaxísticas do noso Concello.

E cando xa nos coñezan a través da Rede, veñan á Paradela física, na que estamos agardándoos porque nesta vella terra –sempre Camiño- cabemos todos.

Firma do alcaldee

José Manuel Mato

Alcalde de Paradela

Concello de Paradela

Xunta