• Galego
  • Español

Feiras e Festas

Vostede está aquí

Feiras

Ferias I

Paradela celebra a súa feira mensual os días 15 de cada mes, na que ademais da tradicional compravenda de gando hai mercadillo de plantas, roupas e utensilios variados, sen que falten tampouco as tradicionais pulpeiras.

O día quince de maio, celébrase unha feira especial, é a festa na honra de San Cidreen, patrón do mundo agrario e gandeiro. Esta festa, na que hai actos durante todo o día, conserva os elementos tradicionais das festas rurais, con pasarrúas da banda, misa maior na honra do patrón, orquesta..etc. pero ademais é un día especial no que se honra ó mundo agrario tradicional, ós seus costumes e tradicións.

O visitante que se achegue a Paradela un quince de maio poderá desfrutar cunha feira de gando tradicional na que tamén poderá ver os impresionantes touros que cada ano trae ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Galega), poderá ver a maquinaria agraria mais moderna e a mais antiga, poderá desfruta co desfile de cabalos e carros de vacas, xa pola noite poderá probar a tenreira galega á parrilla con viño da Ribeira Sacra, todo aderezado coa música dunha boa orquesta.

 

Festas

festasAldosende (Sta. Engracia): 2º domingo de abril

Barán (Sta. Cruz): 1º domingo de maio

Paradela (Feira do ano e festa de San Isidro): 15 de maio

Castro San Martiño (Ascensión): 16 de maio

Vilaragunte (Corpus Christi): 29, 30 e 31 de maio

Mosteirovello (San Antonio de Padua): 12 e 13 de xuño

Castrelo, Laxe ( San Antonio de Padua): 13 de xuño

Francos (Nosa Señora): 22 de xullo

Sta. Cristina (Sta. Cristina): 23 e 24 de xullo

Andreade (Santiago Apóstol): 25 e 26 de xullo

Cortes (San Salvador): 1º domingo de agosto

Festas

Feasita ( San Roque): 3º domingo de agosto

Ferreiros (Sta. Lucía): último domingo de agosto

Castro San Martiño (Nosa Sra dos Milagros): último domingo de agosto

Penarredonda (Nosa Sra.): 12 e 13 de setembro

Paradela, festas patronais (Virxe das Dores): 3º domingo de setembro

A Laxe (Virxe do Amparo): derradeiro domingo de setembro

Mosteirovello (Nosa Sra. do Rosario): 1º fin de semana de outubro

 

Festas locais 

Martes de Antroido

San Cidre: 15 de Maio

Concello de Paradela