• Galego
  • Español

San Facundo de Ribas de Miño

Vostede está aquí

Mosteiro de San Facundo de Ribas de MiñoAlcalde Pedáneo: José Vázquez Arias

O conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, que foi declarado monumento de interese nacional no ano 1982, está formado polo templo parroquial e a casa reitoral.

Foi restaurado durante o ano 1997, recibindo en 1998 o Primeiro Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia como mellor proxecto de restauración realizado na Comunidade Autónoma. Con este galardón recoñecese o carácter orixinal da actuación realizada, en base a un proxecto dos arquitectos Alberte González Rodríguez e Jorge Salvador Fernández.

Sendo a arquitectura notable, máis o é o entorno: rodeado de viñedos que baixan polas ladeiras do monte da Trapa ata o río Miño. Outro dos atractivos do lugar é que hai un embarcadoiro para o catamarán.

Mosteiro de San Facundo de Ribas de MiñoAfirma D. Ricardo López que a bóveda da igrexa de San Facundo de Ribas de Miño é a primeira manifestación do estilo gótico na Península Ibérica; está constituída por seis robustos arcos de pedra, que converxen nunha clave colocada a só 5,30 m de altura.

San Facundo é fundado en torno ó ano 1120 e nace coa vocación de acoller ós peregrinos que viaxaban a Santiago. A historia deste conxunto comeza cando cara o ano 1116 Dona Urraca, raíña de León e Castela, nun dos seus temperamentais arrebatos decide cortarlle a fonte de ingresos que supoñían os peregrinos ó Arcebispo Xelmírez e derruba a ponte de Portomarín sobre o río Miño, camiño francés a Compostela.

Os monxes beneditinos, entón, instálanse onde o Miño amansa a corrente para cruzar en barcas ós peregrinos que van e veñen de Santiago, fundando o mosteiro en torno a 1120. Neste ano, Pedro o peregrino volve levantar a ponte de Portomarín, converténdose así San Facundo no refuxio daqueles viaxeiros que non podían pagar o pontazgo de Portomarín e que pasaban a noite na igrexa.

Esta construcción atópase nun tranquilo val que vixía en silencio o discorrer das augas tranquilas do río Miño.

Cando a raíña de León e Castela Dona Urraca decide cortar a fonte de ingresos que supoñían os peregrinos ó Arzobispo Xelmírez e derruba a ponte de Portomarín sobre o Miño, qué pasaría pola súa cabeza neses intres? Nunca o saberemos. Se cadra arrepentiuse axiña... Os monxes benedictinos instálanse onde o Miño baixa a garda e está menos bulebule para cruzar en paquebotes ós peregrinos e así fundan o mosteiro. Case ó mesmo tempo, Pedro o peregrino volve a levantar a ponte convertíndose en refuxio de peregrinos que non poden pagar o que hoxe chamaríamos "peaxe".

Neste mosteiro  acóllenos, escoita e atende coma se fosen unha gran familia.

A bóveda desta igrexa, de pouca altura, suxeitase por seis robustos arcos de pedra e hai estudos que afirman que é a primeira en estilo gótico da Península Ibérica.

Qué pensarían os peregrinos aquí acollidos que o seu "fogar xacobeo" convertiríase nun monumento de interés nacional e Primeiro Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia?

 

Concello de Paradela