• Galego
  • Español

O Escudo do Concello de Paradela

Vostede está aquí

Escudo     Concello Paradela

O Concello de Paradela, en sesión plenaria do 16 de abril de 1986, aprobou o proxecto de Estudo Heráldico e Estandarte para o Concello, redactado polo Cronista Rei de Armas D. Vicente Cárdenas y Vicent. A Xunta de Galicia aprobouno definitivamente o 16 de outubro do mesmo ano.

No Escudo do Concello, a mitra representa o Mosteiro de Loio, que aparece nomeado na Bula aprobatoria da Constitución canónica da Orde de Santiago, expedida polo Papa Alejandro III.

A campá representa a de San Miguel, á que sempre se lle atribuíu unha axuda milagreira nos partos dificultosos.

A grande Cruz de Santiago, no centro, lembra o paso do Camiño Francés a Compostela polo territorio do Concello, no que houbo importantes hospitais de peregrinos, así como unhas das primeiras posesións e casas matrices da Orde.

E, en fin, os dous castiñeiros representan a moi destacada riqueza forestal de Paradela.

Concello de Paradela