• Galego
  • Español

Antes de empezar o Camiño

Vostede está aquí

Comezaremos a preparación do Camiño polo menos con dous meses de antelación para evitar lesións y gozar da súa filosofía. Faremos andainas curtas en terreos irregulares preferiblemente no monte até que chegemos a sentirnos cómodos coa distancia que pensemos percorrer en cada etapa. Nas últimas saídas levaremos a mochila cargada para irnos afacendo  e decatarnos de se o seu peso é excesivo.

Antes de empezar a andar é importante facer algúns estiramentos poñendo atención nas pernas: colocaremos as mans contra a parede e apoiaremos a modo a planta do pé  até notar certa tensión detrás dos xeonllos a medida que nos achegamos ó chan.

Se facemos o Camiño en bicicleta tamén necesitaremos un adestramento previo  e teremos que ir coa nosa máxima atención.

Se decidimos facelo a cabalo o animal irá asegurado, observaremos diariamente a súa saúde  e ferraxe, con un previo recoñecemento veterinario, vacinas, alimentación, hixiene, caixa de urxencias e rematando cada etapa ó paso.

É recomendable peregrinar acompañado se imos en bicicleta ou a cabalo.

Uns días antes de marchar  prepararemos ademáis dos enseres a caixa de urxencias, pero é preferible asesorarse sobre o que cada un precisa para evitar contraindicacións e efectos secundarios: poden ser de utilidade analxésicos ou antiinflamatorios, (pero nunca se tomarán en xexún  e así evitaremos  poñer a proba o noso estómago), agullas esterilizadas para sacar o líquido das vinchocas e fío, alcol, emplastos, crema hidratante e solar, alcol de romeu para masaxes e non esqueceremos o material de aseo.

Concello de Paradela