• Galego
  • Español

Sobre o Camiño

Vostede está aquí

O Camiño é un misterio que non se pode descubrir até que se vive. Sérvenos para reflexionar sobre os valores que hai tempo ensináronnos os nosos pais, avós  e outros familiares. Todos os peregrinos  din que hai un antes e un despois. Non quere dicir  que desaparezan os nosos problemas pero os verás dende outro ángulo ou se cadra non os verás coma un problema.

Coida e goza da natureza, deixa os lugares por onde pasas mellor que cando chegaches. Aprende a consumir menos, necesitarás menos.

A nosa saúde mellora en contacto coa natureza pero somos unha verdadeira ameaza para a súa.

No Camiño compartirás case todo. Relaciónate  e ri con outr@s compañeir@s, é un mosaico de linguas, o idioma nunca va a ser unha barreira, todo o contrario.

Deixa un pouco de lado as pantallas de visualización e centrémonos nas vivencias con os outros.

O Camiño é duro, con retos constantes e tod@s @s peregrin@s nalgures  sinten que non poderán continuar, pero sempre atoparán  a alguén disposto a axudar  e nunca te sentirás só. Rematarás máis forte do que comezaches.

Concello de Paradela