• Galego
  • Español

A Credencial

Vostede está aquí

É un documento imprescindible  para facer o Camiño. É o "pasaporte do peregrino"  que irás selando polos distintos pobos por onde pasas para amosar que percorriches os últimos 100 qm. a pé ou 200 qm. en bicicleta ou a cabalo para así obter a compostela. Ademáis eses últimos 100 están aquí en Paradela!

Hai moitos tipos de credencial, dependendo  do país ou asociación que a expida, pero todas son válidas para conseguir a compostela. A credencial oficial está impresa en cartolina, ten 14 páxinas de 16x19 cm. que se abren en forma de acordeón. É importante  que a consegas antes de comezar o Camiño, podes solicitala en asociacións do Camiño de Santiago e tamén a poden ter en albergues ou parroquias. Pedirán unha doazón ou prezo fixo de non máis de 2 euros.

É importante  que antes de empezar o Camiño  a cubras polo menos co teu nome, enderezo, localidade, provincia e teléfono, sería unha faena perdela pero desta maneira é máis doado que a poidas recuperar.

É imprescindible sellala e poñerlle a data diariamente polo menos no albergue  onde dormas, tamén podemos selar en bares, resturantes, concellos, oficinas de turismo, museos, policía... aínda que non todos os establecementos terán selo.

Verás peregrinos  con credenciais cubertas de selos e grapadas pero non te preocupes  se ves que a túa credencial ten poucos, xa que é para amosar que fixeches esas etapas e visitado eses lugares.

Unha vez en Santiago cómpre presentala debidamente selada e datada na Oficina do Peregrino, así obterás a compostela. Hai dous tipos, segundo o motivo da túa peregrinaxe é relixioso ou non.

Concello de Paradela